Eufonía (revista)
Eufonía | |
---|---|
![]() | |
País | Arxentina |
Lugar | Buenos Aires |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1958 |
Fundador | Alfonso Gayoso |
Primeira edición | 1958 |
Última edición | 1959 |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Diccionario da literatura galega e Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eufonía foi unha revista que se publicou en Buenos Aires entre 1958 e 1959.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Pubricación periódica de circulación intercontinental antre os galegos (na cuberta aparece como subtítulo Rimas y glosas de la poesía gallega), apareceu o 1 de setembro de 1958. De periodicidade anual, fundada e dirixida por Alfonso Gayoso, era unha publicación literaria que pretendía ser o "pregón e glosario da nosa poesía" e tiña como lema "Que a eufonía distas rimas renda beizós para Galicia". Só conseguiu publicar dous números, o primeiro á memoria de Manuel Curros Enríquez e o segundo ofrendado a Rosalía de Castro. Entre os seus colaboradores figuraron Avelino Díaz, Pura Vázquez, José Conde, Florencio Delgado, Xosé Neira Vilas, Antonio Fernández Pérez, Emilio Pita, Ramón Rey Baltar, Xervasio Paz Lestón, Xesús Calviño de Castro, Perfeuto López Romero, Elsa Fernández, Ricardo Carballo Calero, Celso Emilio Ferreiro, Victoriano Taibo, Manuel Fabeiro, Uxío Novoneyra, Eduardo Moreiras, Manuel María, Dora Vázquez, Xosé Ramón Fernández-Oxea, Xosé Fernández Ferreiro, Bernardino Graña, Reimundo Patiño e Ramón Lorenzo. Tamén inseriu algúns traballos en prosa asinados por Anisia Miranda, Enrique Azcoaga, Emilio González López, Andrés Rodríguez Barbeito, Gerardo Álvarez Gallego e Xulio Fernández.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Eufonía". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 140. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilanova, Alberto (2005). "Eufonía". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.