Saltar ao contido

Fútbol Club Barcelona (balonmán)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «FC Barcelona (Balonmán)»)
FC Barcelona
Nome do club Futbol Club Barcelona
Fundado 1942
Pavillón Palau Blaugrana,
Barcelona
Capacidade 8.250
Presidente Cataluña Josep Maria Bartomeu
Adestrador Cataluña Xavi Pascual
Liga Liga ASOBAL
2011-12
Equipamentos
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante

A sección de balonmán do Futbol Club Barcelona foi creada o 29 de novembro de 1942 e actualmente compite co nome de FC Barcelona Intersport por motivos de patrocinio. É o club máis laureado do mundo en balonmán, ao ser o equipo que máis títulos acumula do Estado español e de Europa. Viviu a súa época dourada nos anos 90, cando baixo a dirección de Valero Rivera, triunfou en tódalas competicións nas que participou, incluíndo cinco Copas de Europa de xeito consecutivo entre os anos 1996 e o 2000 e foi coñecido como o Dream Team do balonmán. No ano 2011 volveuse coroar como o mellor equipo de Europa ao conquistar a súa oitava Copa de Europa.

O pavillón no que o FC Barcelona xoga os seus partidos como local é o Palau Blaugrana, con capacidade para 8.250 espectadores.

Balonmán a 11

[editar | editar a fonte]

A sección de balonmán fundouse oficialmente o 29 de novembro de 1942 da man dos directivos Joan Padró e Josep Tost, a pesar de que se teñen referencias de partidos amigables disputados polo FC Barcelona dende os anos 30.

Orixinariamente este deporte xogábase en campos de fútbol e con once xogadores, e non foi ata a década dos 50 cando se comezou a practicar na modalidade actual, con equipos de sete xogadores e en pista cuberta.

Os éxitos do balonmán comezaron ben cedo. Conseguiu o dobrete do Campionato de Cataluña e de España durante tres tempadas consecutivas a mediados dos anos 40. Estes triunfos completáronse con dous dobretes máis en 1949 e 1951. Na década dos 50, o equipo azulgrana gañou catro campionatos máis de Cataluña e un de España.

Consolidación do balonmán a 7

[editar | editar a fonte]

Os primeiros éxitos na nova modalidade de sete xogadores e en pista cuberta tardaron en chegar, de feito o equipo blaugrana tivo que agardar ata finais da década dos 60, en concreto ata a tempada 1968-69, cando conseguiu o dobrete de Liga e Copa do Rei. A construción e inauguración do Palau Blaugrana, que ofreceu un espazo propio e maior para as seccións en pista cuberta do FC Barcelona, serviu para consolidar o novo modelo. Se ben durante a década dos 70, onde dominaban o Granollers, o Calpisa e o Atlético de Madrid, só se conseguiron dúas Copas e unha Liga.

A época dourada e o dominio europeo

[editar | editar a fonte]

A década dos 80 comezou con dous títulos de Liga e unha Copa do Rei, e coincidindo coa chegada de Valero Rivera a dirección técnica do equipo en 1984 foi cando comezou unha época ateigada de títulos. Dende aquela e durante dúas décadas, a sección conseguiu numerosos éxitos tanto nas competicións españolas como en Europa. O FC Barcelona foi o claro dominador do balonmán español, conseguindo cinco títulos de liga de xeito consecutivo entre 1987 e 1992 e outras cinco dende 1995 ata o 2000, ademais de proclamarse nove veces campión da Copa do Rei ata o ano 2000.

A hexemonía do Barcelona nas competicións españolas traduciuse tamén a nivel continental. O conxunto culé, liderado por Serrano e Sagalés, gañou tres Recopas de Europa consecutivas a mediados dos 80. Ademais, se conquistou a súa primeira Copa de Europa en 1991 e dúas Recopas consecutivas a mediados dos 90. Dende 1996 ata o 2000, o equipo de Valero Rivera conquistou cinco Copas de Europa de xeito consecutivo, algo que nunca ningún outro equipo conseguira e que dificilmente se repetirá. Este dominio completouse con catro Supercopas de Europa consecutivas.

O final dunha época

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2003-04 Valero Rivera deixou a dirección técnica do equipo xunto cun dos mitos do balonmán barcelonista, Enric Masip. Con eles, xunto con Urdangarin, Guijosa, Ortega, Xepkin e O'Callaghan entre outros, púxose fin ao Dream Team do balonmán. A saída de Rivera e a chegada ao banco de Xesco Espar, con Masip e O'Callaghan como responsables da sección significou un troco importante, os bos resultados continuaron, mais cun notable baixón respecto da época dourada que acababa de atravesar, conseguindo tan só unha Copa de Europa no 2005.

O dominio do balonmán europeo e nacional pasou ás mans do BM Ciudad Real durante uns anos até que un novo FC Barcelona dirixido por Xavi Pascual e capitaneado por László Nagy fíxose coa súa 18ª liga española e coa súa 8ª Copa de Europa na tempada 2010-11.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro de xogadores 2011-2012

[editar | editar a fonte]
Xogadores do FC Barcelona Borges en outubro de 2008.
David Barrufet.
FUTBOL CLUB BARCELONA de balonmán
Xogadores do primeiro equipo

Números retirados

[editar | editar a fonte]

O club retirou os seguintes dorsais como homenaxe a algúns dos xogadores máis importantes da historia deste equipo de balonmán:

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Títulos europeos

[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais

[editar | editar a fonte]

Títulos rexionais

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]