Saltar ao contido

Giovanna d'Arco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Giovanna d'Arco
Xoana de Arco
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos cun preludio
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaTemistocle Solera
Fontes literariasBaseada no drama Die Jungfrau von Orleans de Friedrich von Schiller.
Estrea15 de febreiro de 1845
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Personaxes

Xoana de Arco (soprano)
Carlos VII de Francia (tenor)
Giacomo (barítono)
Talbot (baixo)
Delil (tenor)

Giovanna d'Arco (en galego, Xoana de Arco) é unha ópera dividida nun preludio e tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera, baseada no drama Die Jungfrau von Orleans de Friedrich von Schiller (se ben Solera negou esta afirmación en cartas enviadas ao editor de Verdi, e alegou que o traballo foi "unha ficción totalmente orixinal"). A ópera reflicte en parte a vida de Xoana de Arco. Foi estreada o 15 de febreiro de 1845 no Teatro alla Scala de Milán.

Esta obra rara vez se representa na actualidade; nas estadísticasArquivado 11 de novembro de 2015 en Wayback Machine. de Operabase aparece con só 6 representacións no período 2005-2010, sendo a vixésimo segunda de Verdi.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco o 15 de febreiro de 1845
Director:
Xoana de Arco soprano Erminia Frezzolini
Carlos VII de Francia tenor Antonio Poggi
Giacomo (un pastor) barítono Filippo Colini
Talbot (xeneral do exército inglés) baixo Francesco Lodetti
Delil (un oficial francés) tenor Napoleone Marconi
Soldados ingleses e franceses, cortesáns, nobres, pobo, anxos, demos etc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.