Un giorno di regno
Un giorno di regno, ossia il finto Stanislao Un día de reinado, ou o falso Estanislau | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Felice Romani |
Fontes literarias | baseada na obra Le faux Stanislas, de Alexandre Vincent Pineu-Duval |
Estrea | 5 de setembro de 1840 |
Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
Lugar da estrea | Milán |
Duración | 2 horas |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Localización da partitura | Archivio Storico Ricordi, Milán |
Personaxes | |
Caballero Belfiore (barítono) |
Un giorno di regno, ossia il finto Stanislao (en galego Un día de reinado, ou o falso Estanislau) é unha ópera cómica en dous actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Felice Romani baseado na obra de Alexandre Vincent Pineu-Duval, Le faux Stanislas. A ópera foi estreada o 5 de setembro de 1840 no Teatro alla Scala de Milán.
Trátase da segunda ópera de Verdi e a primeira ópera cómica das dúas que compuxo ao longo da súa vida do compositor italiano. A ópera resultou un completo fracaso, ao que contribuíu a súa propia traxedia: a súa primeira dona Margherita Barezzi morreu durante a composición da obra. Verdi non tentou compoñer outra ópera cómica ata o final da súa carreira, con Falstaff.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase[1] con só 6 representacións para o período 2005-2010.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 5 de setembro de 1840 (Director: -) |
---|---|---|
Caballero Belfiore, falso rei Estanislau I Leszczynski de Polonia | barítono | Raffaele Ferlotti |
Barón de Kelbar | baixo | Raffaele Scalese |
Marquesa de Poggio, amante de Belfiore | soprano | Antonietta Marini-Rainieri |
Julieta de Kelbar, filla do Barón de Kelbar | mezzosoprano | Luigia Abbadia |
Eduardo de Sanval, amante de Julieta | tenor | Lorenzo Salvi |
Sr. Rocca, tesoureiro de Bretaña | baixo | Agostino Rovere |
Conde Ivrea, prometido da Marquesa de Poggio | tenor | Giuseppe Vaschetti |
Delmonte, sirviente do falso Stanislao | baixo | Napoleone Marconi |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Operabase Arquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |