Hatpiece
O hatpiece (do inglés: hat piece) foi unha moeda escocesa de ouro con valor de 80 xilins escoceses cuñada a nome de Xacobe VI de Escocia (1567-1625), caracterizada polo busto real do seu anverso, que loce un chapeu particularmente alto.[1][2]
Historia e caracterización
[editar | editar a fonte]O hatpiece cuñouse entre os anos 1591 e 1593 no curso da sexta serie de emisións de Xacobe VI de Escocia, dez anos antes da ascensión ao trono de Inglaterra co nome de Xacobe I.[3] Estímase en arredor de 25.000 a cantidade de pezas cuñadas durante os tres anos de emisión.[2]
A moeda tiña un peso de 69,8 grans (ca. 4,5 gramos), un diámetro de 27 milímetros e unha lei de 22 quilates, e o seu valor equivalía a catro esterlinas escocesas ou, o que é o mesmo, 80 xilins escoceses.[1][2]
Nos seus anversos amosa como motivo principal o busto real cara á dereita dotado dun chapeu dunha altura notable (que lle dá o nome), cun cardo[4] á súa esquerda e rodeado pola lenda · IACOBVS · 6 · D · G · R · SCOTORVM · ("Xacobe sexto, Deus dos escoceses pola graza de Deus"). Pola súa banda, os seus reversos representan un león coroado sedente que sostén coa gadoupa dereita un cetro coa palabra Xehová escrita sobre el con caracteres hebreos (יהוה). A lenda do reverso é · TE · SOLVM · VEREOR · ("Só te temo a ti").[2]
Postúlase que esta moeda foi emitida co propósito de harmonizar o sistema monetario escocés co inglés.[3] Coñécense falsificacións xa desde poucos anos despois da súa produción; unha delas aparece recollida na obra de Robert Pitcairn Criminal Trials of Scotland (1599), que fai mención de "false hat-peiceis, pistulettis, and crownis".[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Hat piece". En Frey, A. R. (1916). Páxina 106.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Hat Piece - James VI 6th Coinage". Numista.
- ↑ 3,0 3,1 Stewart, I. (1955).
- ↑ O cardo é un dos símbolos nacionais de Escocia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bateson, D, (1987). Scottish Coins. Shire Publications Ltd. ISBN 0-85263-847-7
- Burns, E. (1887). The Coinage of Scotland. Volume I, volume II, volume III. Black, Edimburgo.
- De Cardonnel, A. (1786). Numismata Scotiæ or a series of the scottish coinage, from the reign of William the Lion to the Union. Edimburgo. G. Nicol.
- Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50.
- Grueber, H. (1899). Handbook of the Coins of Great Britain and Ireland in the British Museum. Londres. [Reimpresión en 1970; ISBN 1-4021-1090-1]
- Holmes, N. (1998). Scottish Coins. Edimburgo. NMS Publishing. ISBN 1-901663-02-7
- Klütz, K. (2004). Münznamen und ihre Herkunft. Viena. Moneytrend Verlag. ISBN 3-9501620-3-8
- Mackay, J.; Mussel, J. (2016). Coin Price Guide to British Coins. Token Publishing Ltd.
- Seaby, P.; Purvey, F. (1984). Coins of Scotland Ireland and the Islands. Sanford J. Durst. ISBN 978-0900652646
- Stewart, I. (1955). The Scottish Coinage. Londres. Spink & Son.