Sword & sceptre
Sword & sceptre de Xacobe VI (1567-1625) | |
---|---|
![]() | |
· IACOBVS · 6 · D · G · R · SCOTORVM ·, escudo de armas coroado. | · SALVS · POPVLI · SVPREMA · LEX · 1602; espada e cetro coroados, flanqueados por cardos. |
Sword & sceptre . 1602. AU. 29 mm. 5,09 g. [1] |
A sword & sceptre (en galego "espada e cetro") era unha moeda escocesa de ouro cuñada por Xacobe VI entre 1601 e 1604, co valor de seis libras escocesas ou 120 xilins escoceses.[2][3]
Historia e caracterización
[editar | editar a fonte]A sword & sceptre foi introducida por Xacobe VI no marco da súa oitava serie de emisións (a derradeira antes de acceder ao trono de Inglaterra), como unha nova moeda de ouro cun peso de 78,52 grans (ca. 5,07 gramos), un diámetro de 29 milímetros, unha lei de 22 quilates e un valor de 120 xilins escoceses (seis libras escocesas), en substitución do antigo rider.[4] O seu nome vénlle da espada e o cetro que caracterizan o seu reverso.[2][3][5]
O motivo principal do anverso da sword & sceptre é o escudo de armas de Escocia co característico león, rodeado pola lenda · IACOBVS · 6 · D · G · R · SCOTORVM · ("Xacobe VI, pola graza de Deus, rei dos escoceses"). A espada e o cetro do seu reverso dispóñense formando entre eles unha cruz de Santo André, cunha coroa arriba e a data abaixo, flanqueados por dous cardos,[6] e todo rodeado pola lenda · SALVS · POPVLI · SVPREMA · LEX ·[7] ("A seguridade do pobo é a lei suprema").[4]
Xunto coa unidade, introduciuse tamén como moeda fraccionaria a media sword & sceptre, de 60 xilins ou tres libras, coa mesma tipoloxía, aínda que coa metade de peso e cun diámetro de 22 mm.[8][3]
Coñécense exemplares de falsificacións de época desta moeda en prata durada, datados en 1611.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sword and Sceptre Piece - James VI". Numista.
- ↑ 2,0 2,1 "Sword & sceptre Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.". En Martinori, E. (1915). Páxina 499.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Sword & sceptre Piece". En Frey, A. R. (1916). Páxina 232.
- ↑ 4,0 4,1 "Sword and Sceptre Piece - James VI". Numista.
- ↑ Stewart, I. (1955).
- ↑ A cruz de Santo André e o cardo son dous símbolos nacionais escoceses.
- ↑ A frase está tomada de Cicerón. De legibus. Libro III, 8: "Ollis salus populi suprema lex esto".
- ↑ "½ Sword and Sceptre Piece - James VI". Numista.
- ↑ Grueber, H. (1899).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sword & sceptre |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bateson, D, (1987). Scottish Coins. Shire Publications Ltd. ISBN 0-85263-847-7
- Burns, E. (1887). The Coinage of Scotland. Volume I, volume II, volume III. Black, Edimburgo.
- De Cardonnel, A. (1786). Numismata Scotiæ or a series of the scottish coinage, from the reign of William the Lion to the Union. Edimburgo. G. Nicol.
- Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50.
- Grueber, H. (1899). Handbook of the Coins of Great Britain and Ireland in the British Museum. Londres. [Reimpresión en 1970; ISBN 1-4021-1090-1]
- Holmes, N. (1998). Scottish Coins. Edimburgo. NMS Publishing. ISBN 1-901663-02-7
- Klütz, K. (2004). Münznamen und ihre Herkunft. Viena. Moneytrend Verlag. ISBN 3-9501620-3-8
- Mackay, J.; Mussel, J. (2016). Coin Price Guide to British Coins. Token Publishing Ltd.
- Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Roma. Istituto italiano di numismatica.
- Seaby, P.; Purvey, F. (1984). Coins of Scotland Ireland and the Islands. Sanford J. Durst. ISBN 978-0900652646
- Stewart, I. (1955). The Scottish Coinage. Londres. Spink & Son.