Saltar ao contido

Policarpo Sanz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Policarpo Sanz Souto»)
Modelo:BiografíaPolicarpo Sanz

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalJosé Policarpo Sanz Soto
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1841 Editar o valor en Wikidata
Marín, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de setembro de 1889 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró
Cemiterio de Picacho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIrene de Ceballos Editar o valor en Wikidata

José Policarpo Sanz Soto, nado en Marín o 25 de xaneiro de 1841 e finado en París o 9 de novembro de 1889, foi un industrial e mecenas galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do peiteador tudense Diego Sanz Cividanes e da viguesa Antonia Soto Díaz, naceu en Marín, se ben a súa infancia transcorreu en Vigo. Como emigrante en Cuba, primeiro, e nos Estados Unidos de América, despois, José Policarpo Sanz Soto construíu un importante grupo industrial, axudado tamén polo seu casamento en 1877 con Irene Ceballos Sánchez, adiñeirada herdeira de orixes cubanas.

Xunto con Xosé García Barbón, fundou a Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia en 1871, que se constituíu como a primeira sociedade de emigrantes galegos do mundo.

Fixo testamento en 1888. Despois da súa morte e a da súa muller e herdeira única e universal que o sobreviviu 46 anos (finou en Santander o 19 de agosto de 1935),[1] seguíndose o seu desexo, a súa inmensa colección de obras de arte foi doada ao Museo Municipal de Vigo. Nesa colección atopábanse importantes cadros de pintores flamengos, franceses, italianos e españois.[2]

Tralo seu pasamento en París en 1889, os seus restos embalsamados, foron trasladados en 1891 ao antigo cemiterio de Vigo de Picacho, e máis tarde a un panteón ao daquela novo Cemiterio de Pereiró.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Na súa honra, o concello de Vigo bautizou unha das súas principais rúas co nome do mecenas, que hoxe é o enderezo das sedes de institucións bancarias, de teatros e centros culturais.

  1. El Pueblo Gallego, 18-8-1936, p. 5.
  2. Lamas, Jorge (12/9/2015). "Réquiem por Policarpo Sanz". La Voz de Galicia (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]