Kaotiko
Kaotiko | |
---|---|
Orixe | Salvatierra, País Vasco |
Xénero(s) | rock, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Universal Oihuka Baga-Biga |
Membros | Aguayo (guitarra) Fonta (baixo e coros) Jony (voces) Aguayiko (guitarra e coros) Xabi (batería e coros) |
Na rede | |
www.kaotiko.com | |
Kaotiko é un grupo de punk rock orixinario do País Vasco.
Historia
[editar | editar a fonte]O grupo formouse a finais da década de 1990 en Agurain. Tres dos seus integrantes (Aguayo, Fonta e Aguayiko) procedían do grupo Kaos Etiliko. En setembro de 2001 sacan o seu primeiro disco, Mundo kaotiko. En abril de 2003 publican o seu segundo traballo Raska y pierde. Con estes dous discos de estudio, o 17 de abril de 2004 deciden gravar un DVD en directo na sala Azkena de Vitoria, publicado o 14 de marzo de 2005.
Cun novo selo discográfico, Universal, sae á luz Destino escrito. Neste disco colaboran "El Drogas" (Barricada) nas cancións "Abuso" e "Correré". La Miki, cantante da banda No Relax, segunda voz en "Recuerdo". O álbum grávase nos estudios Katarain, de Azkarate, entre decembro de 2005 e xaneiro de 2006.
O 21 de febreiro de 2008 Kaotiko edita o seu quinto traballo, Adrenalina, coa discográfica Oihuka. Este disco conta coa colaboración Evaristo (La Polla, Gatillazo) e de Banda Bassotti, coa que gravan o tema "Luna rossa".
No 2010 lanzan o disco Reacciona, coa discográfica Baga-Biga.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Mundo kaotiko (2001, Oihuka)
- Raska y pierde (2003, Oihuka)
- Directo (2005, GOR Discos, CD/DVD)
- Destino escrito (2006, Universal Music)
- Adrenalina (2008, Oihuka)
- Reacciona!!! (2010, Baga-Biga)