Saltar ao contido

La strada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «La Strada»)

La strada
Ficha técnica
Título orixinalLa strada
DirectorFederico Fellini
ProdutorDino De Laurentiis
Carlo Ponti
GuiónFederico Fellini
Tullio Pinelli
Ennio Flaiano
IntérpretesGiulietta Masina
Anthony Quinn
Richard Basehart
MúsicaNino Rota
Estrea6 de setembro de 1954
Duración104 minutos
OrixeItalia Italia
Linguaitaliano
Na rede
IMDB: tt0047528 Filmaffinity: 921210 Allocine: 304 Rottentomatoes: m/la_strada Allmovie: v27992 TCM: 80554 TV.com: movies/la-strada Netlix: 60032448 Editar o valor en Wikidata

La strada é un filme italiano de 1954 producido por Dino De Laurentiis e Carlo Ponti, dirixido por Federico Fellini e protagonizado por Anthony Quinn e Giulietta Masina.

É un exemplo clásico do período neorrealista do director e o filme que lle outorgou un sólido prestixio internacional.

La Strada converteuse nun "dos filmes máis influentes nunca realizados", segundo o American Film Institute.[1] Gañou o primeiro Óscar competitivo ao mellor filme en lingua non inglesa en 1957.[2][3] En 1992 apareceu no cuarto posto da listaxe dos dez mellores filmes escollidos por directores do British Film Institute.[4]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Unha moza que traballa para un artista ambulante chamado Zampanò (Anthony Quinn) morre, e a súa nai toma a Gelsomina (Giulietta Masina), tamén filla súa e véndea ao artista. A pesar do carácter violento de Zampanò, a rapaza séntese atraída polo estilo de vida da rúa, sobre todo cando o seu dono a inclúe como parte do espectáculo. Gelsomina aprende rapidamente o oficio de artista e amosa gran talento, mais non se sente apreciada por Zampanò e nun momento decide abandonalo e volver a casa. Zampanó atopa a Gesolmina e obrígaa a regresar con el.

Xuntos de novo, deciden traballar nun circo itinerante, onde Zampanò ten problemas co bufón (Richard Basehart) a quen coñece de antes. Nunha pelexa entre ambos, Zampanò ameaza o bufón cun coitelo e é detido. Mentres Zampanò se atopa no cárcere, Gelsomina aprende a importancia de ter un propósito na vida e aínda que varias das personaxes que atopa no camiño lle ofrecen que se una a eles, Gelsomina demostra a súa lealdade a Zampanò ata o final.

  1. AFI Preview
  2. Kezich (2006), 406.
  3. "The 29th Academy Awards (1957) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 21 de novembro de 2017. 
  4. The Sight & Sound Top Ten Poll: 1992 Arquivado 08 de outubro de 2014 en Wayback Machine. Consultado o 21 de novembro de 2017

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]