Saltar ao contido

Lingua delaware

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua delaware
Lënapei èlixsuwakàn
Falado en: Estados Unidos, Canadá
Total de falantes: un ou dous individuos
Familia: Americana
 Linguas algonquinas
  Lingua delaware
Códigos de lingua
ISO 639-1: del
ISO 639-2: del
SIL: comm1246
Mapa
Status

A lingua delaware, tamén coñecida como lingua lenape (Lënapei èlixsuwakàn na súa propia lingua),[1] é unha lingua norteamericana que está formada por dous dialectos: a lingua munsee e a lingua unami, que pertencen ao subgrupo da lingua algonquina oriental, da familia das linguas algonquinas. O munsee e o unami eran falados orixinariamente polo pobo lenape. Este pobo vivía preto da rexión da actual cidade de Nova York, en particular nas illas de Staten Island, Long Island, Manhattan e o próximo val do río Hudson; algúns grupos tamén se estableceran nos actuais estados veciños de Pensilvania e Nova Jersey, e ao longo da costa do de Delaware.[2][3]

Imaxe detallada da difusión da lingua delaware, cos distintos subgrupos munsee e unami

Os munsee e os unami -que á súa vez son grupos lingüísticos- nunca foron grupos unidos política ou lingüísticamente, e os termos delaware, munsee e unami son posteriores ao período de consolidación destas entidades locais.[2]

Estímase que durante a última metade do século XVII había unhas corenta aldeas locais cunhas cen persoas por aldea. Coa chegada dos primeiros colonizadores europeos, a estimación rolda as 8 000/12 000 persoas. Antes da chegada dos europeos estas poboacións nunca estiveron unidas nin política nin lingüisticamente, e os nomes delaware, munsee e unami foron aplicados só máis tarde, o apelativo munsee comezou a empregarse a partir de 1727, mentres que a palabra unami comezou a utilizarse a partir de 1757.[4]

A intensificación dos contactos cos europeos provocou a perda paulatina das poboacións do delaware dos seus territorios orixinarios, nun lento proceso de movementos migratorios que deu lugar a continuos desmembramentos e fusións de diversos grupos, todo durante un período duns douscentos anos. Os nomes actuais cos que se identifican estas poboacións foron atribuídos ás comunidades resultantes deste proceso migratorio, que viu o desprazamento forzado das poboacións do delaware en Oklahoma, Kansas, Wisconsin e nos territorios de Nova York e o Canadá.[2]

A finais do século XIX, Oklahoma formou dous grupos distintos que falaban a lingua unami, os cheroquees de Delaware que se estableceron nos condados de Washington, Nowata e Craig e os ausentes de Delaware do condado de Caddo. Aínda que aínda hai individuos que falan a lingua unami, considérase, con todo, extinta. Actualmente[cando?], a Nación Delaware en Oklahoma está a recuperar esta lingua[Cómpre referencia].

Este proceso de dispersión e aglomeración tamén afectou aos munsee obrigados a migrar a varios lugares ao sur de Ontario a finais do século XVIII, nas áreas de Moraviantown, Munceytown e as Seis Nacións. Unha nova vaga de migración levou algúns munsee ás áreas de Stockbridge e Cattaraugus, así como a Kansas.

Actualmente só hai un ou dous individuos que aínda conservan a lingua munsee preto de Moraviantown.[5]

Sistema de escritura

[editar | editar a fonte]

Non existe un sistema de escritura estandarizado nin para a lingua unami nin para a lingua munsee. Por esta razón os lingüistas tenden a facer uso de caracteres que se atopan no alfabeto fonético internacional ou mesmo no alfabeto fonético americano para representar sons que non están suficientemente representados nos sistemas de escritura estándar.

  1. Online Lenape Talking Dictionary, "the Delaware Language", Link
  2. 2,0 2,1 2,2 Goddard, Ives, 1978a, p. 213.
  3. Goddard, Ives, 1997, p. 43.
  4. Kraft 1986.
  5. "Munsee" en Ethnologue, 18ª ed., 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Blalock, Lucy; Bruce Pearson & James Rementer (1994): The Delaware Language. Bartlesville, OK: Delaware Tribe of Indians.
  • Brinton, Daniel G. & Albert Seqaqkind Anthony (1888): A Lenâpé-English dictionary. From an anonymous manuscript in the archives of the Moravian Church at Bethlehem. Philadelphia: The Historical Society of Pennsylvania.
  • Campbell, Lyle (1997): American Indian languages: The historical linguistics of Native America. Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-509427-1.
  • Goddard, Ives (1977): "Some early examples of American Indian Pidgin English from New England". International Journal of American Linguistics 43: 37-41.
  • Goddard, Ives (1978): "Eastern Algonquian Languages." En Bruce Trigger, ed. Handbook of North American Indians, Volume 15, Northeast, pp. 70–77. Washington: Smithsonian Institution.
  • Goddard, Ives (1978a): "Delaware". En Bruce Trigger, ed., Handbook of North American Indians, Volume 15. Northeast, pp. 213–239. Washington: The Smithsonian Institution.
  • Kraft, Herbert C. (1986): The Lenape: Archaeology, History, and Ethnography. Newark: New Jersey Historical Society. ISBN 978-0-9110-2020-5.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]