Llyn Llydaw
Tipo | lago ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Parque Nacional de Eryri ![]() | |||
Localización | ||||
País da cunca | Reino Unido ![]() | |||
División administrativa | Gwynedd, Reino Unido ![]() | |||
| ||||
Cordilleira | Eryri ![]() | |||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Afon Glaslyn (en) ![]() ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 436 m ![]() | |||
Profundidade | 58 m ![]() | |||
Superficie | 0,45 km² ![]() | |||
Llyn Llydaw (literalmente: "lago bretón"[1]) é un lago natural de 0,45 km² no noroeste de Gales.
Xeografía e xeoloxía
[editar | editar a fonte]Está situado ao longo das ladeiras do monte Snowdon, dentro do parque nacional de Snowdonia, no condado de Gwynedd.
Llyn Llydaw esténdese ao noroeste de Llyn Gwynant e do val chamado Nant Gwynant e ao sueste de Llyn Glaslyn.[2]
O Llyn Llydaw ten forma alongada, propia dos lagos formados durante unha erosión glaciar.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]En 1873, construíuse un encoro ao longo do Llyn Llydaw para facilitar o traballo nas minas de cobre de Snowdonia.[4] O lago abastece de auga, a través dun tubo de superficie, á central hidroeléctrica de Cwm Dyli, 320 m máis abaixo do val de Nant Gwynant. Foi o primeiro sistema de xeración de electricidade deste tipo no Reino Unido, e foi inaugurado en 1906.
Transporte
[editar | editar a fonte]Só se pode chegar a Llyn Llydaw a pé. O aparcadoiro máis próximo é Pen Y Pass Snowdon.[5]
O lago está situado ao longo da pista dos mineiros (Miner's Track), a ruta que leva ao cumio do monte Snowdon.[4]
Cultura
[editar | editar a fonte]Na mitoloxía
[editar | editar a fonte]Segundo a lenda, o Llyn Llydaw sería a morada de Nimue ou Vivienne, coñecida como a Dama do Lago, que tamén tivo un encontro co rei Artur no lugar.[6] Segundo outra versión, desde Llyn Llydaw partiu Artur para Avalon.[7]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]- O Llyn Llydaw é o tema dunha pintura de 1872 de Sidney Richard Percy [8][9]
- O lago aparece na Wild Swimming Adventure de Robson Green (ITV Network decembro de 2009), escollido porque se afirma que é o lago máis frío de Gran Bretaña. O sitio web de Green indica que a auga estaba a 7° Celsius[10].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Llyn Llydaw - An illustrated guide to Snowdonia National Park". www.snowdoniaguide.com. Consultado o 2022-05-15.
- ↑ "Llyn Llydaw · Caernarfon, Reino Unido". Llyn Llydaw · Caernarfon, Reino Unido. Consultado o 2022-05-15.
- ↑ "thefrozendivide - unique content creation in north wales". thefrozendivide (en inglés). Consultado o 2022-05-15.
- ↑ 4,0 4,1 "Llyn Llydaw - An illustrated guide to Snowdonia National Park". www.snowdoniaguide.com. Consultado o 2022-05-15.
- ↑ "Llyn Llydaw". thefrozendivide.com/ (en inglés).
- ↑ "EBK: Llyn Llydaw, Gwynedd". www.earlybritishkingdoms.com. Consultado o 2022-05-15.
- ↑ "King Arthur, the legend of Camelot". www.legendofkingarthur.co.uk. Consultado o 2022-05-15.
- ↑ "Llydaw". wga.hu (en inglés).
- ↑ "Sidney Richard Percy ; Llyn_Llydaw, North_Wales". rehs.com (en inglés).
- ↑ "Wild Swimming (copia arquivada)". robsongreen.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2009. Consultado o 28 de decembro de 2009. Sitio web de Robson Green
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Llyn Llydaw ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Geraint Roberts, The Lakes of Eryri ; Gwasg Carreg Gwalch (1995) ISBN 10 - 0863813380 Wikidata Q76478248