Nuno Rodriguez de Candarei
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIII ![]() |
Actividade | |
Ocupación | trobador ![]() |
![]() |
Nuno Rodriguez de Candarei foi un trobador galego do século XIII, pertencente á lírica galego-portuguesa.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Crese que pertence a unha familia con posesións en Portugal e con relacións coa coroa de Castela. É fillo de Rodrigo Pais de Candrei, documentado entre 1214 e 1230, presente na corte de Fernando III. Así mesmo, é posible que a súa irmá fose Mor Rodriguez de Candarei, esposa do nobre portugués Gomez Viegas de Basto. Estivo activo entre 1225 e 1250.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]Consérvanse 5 cantigas de amor, das cales dúas son de dubidosa autoría.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-17.
- ↑ González Seoane, Ernesto; Álvarez de la Granja, María; Boullón Agrelo, Ana Isabel (2006). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Dicionario de dicionarios do galego medieval. España. p. 139. ISBN 9788497507738.
- ↑ "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-07-17.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-17.