Luís Trigo Chao
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1889 San Pantaleón de Cabanas, España |
Morte | 25 de xuño de 1948 (58 anos) Vilanova, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político, maquis |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Luís Trigo Chao, coñecido como Gardarríos e Chao, nado en San Pantaleón de Cabanas (Ourol) o 24 de decembro de 1889 e finado en Lourenzá o 25 de xuño de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou moi novo a Cuba, onde traballou na hostalería e nunha fábrica de mobles. Despois marchou a Arxentina, regresando a Mondoñedo en 1921 como gardarríos da Sociedade Venatoria Provincial. Foi presidente da Agrupación Socialista de Mondoñedo. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte, permanecendo agochado nas casas dos amigos.
A súa actividade guerrilleira comezou en 1939, desenvolvéndose no norte da provincia de Lugo, nas zonas de Lourenzá, Abadín, Viveiro e Mondoñedo, mantendo contacto cos membros do Grupo Neira. Foi acusado polas autoridades de ser o autor do axustizamento do xefe falanxista José Viador Traseira o 9 de abril de 1940[1]. Actuou case sempre en solitario e nalgunhas accións acompañado de Perfecto Requeijo Rouco ou Roberto Alonso Díaz. Morreu a mans dunha contrapartida (unha brigadilla, con base operativa en Viveiro, formada por dous policías e catro membros voluntarios da gardia civil) en Vilanova de Lourenzá o 25 de xuño de 1948 non estando claro como chegou a producirse o engano que o levou á morte.[2] Co Gardarríos caeu a súa compañeira Antonia Díaz Pérez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cabana Iglesia, Ana (2013). La derrota de lo épico. Universitat de València. ISBN 978-84-370-9217-1.
- ↑ AAVV, AAVV (2018). José María Rodríguez Díaz, in memoriam. Lic. CC BY-NC-SA 4.0. AVV O Tesón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.