O tesouro de Rackham o Roxo
O tesouro de Rackham o Roxo | |
---|---|
Título orixinal | Le Trésor de Rackham le Rouge |
Autor/a | Hergé |
Orixe | Bélxica |
Lingua | Francés |
Colección | As aventuras de Tintín |
Xénero(s) | Aventuras |
Editorial | Casterman |
Data de pub. | Seriado, do 19 de febreiro ao 23 de setembro de 1943 |
Formato | Seriado en Le Soir, posteriormente compilado en álbum |
Páxinas | 62 |
ISBN | ISBN 84-261-2019-9 |
Precedido por | O segredo do alicornio |
Seguido por | As 7 bolas de cristal |
Editor | Editorial Juventud |
Tradución | Valentín Arias López |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O tesouro de Rackham o Roxo (francés: Le Trésor de Rackham le Rouge) é o duodécimo álbum de banda deseñada publicado en 1945, pertencente á serie As aventuras de Tintín do autor belga Hergé. É a segunda parte, e última, dunha serie iniciada con O segredo do alicornio. A historia serializouse a diario en Le Soir, o principal diario francófono de Bélxica, de febreiro a setembro de 1943 no medio da ocupación alemá de Bélxica durante a segunda guerra mundial. A historia conta como o mozo reporteiro Tintín e ao seu amigo o capitán Haddock organizan unha expedición ao Caribe para localizar o tesouro do pirata Rackham o Roxo.
A primeira edición en galego foi en 1984 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.
O tesouro de Rackham o roxo foi un éxito comercial e publicouse en forma de libro por Casterman o ano seguinte á súa conclusión. Hergé continuou As aventuras de Tintín con As sete bolas de cristal, mentres que a serie pasou a ser unha parte definidora da tradición do cómic franco-belga. O tesouro de Rackham o roxo citouse como unha das entregas máis importantes da serie por marcar a primeira aparición do excéntrico científico Tornasol, que despois se converteu nun personaxe fundamental. A historia adaptouse para as series de animación de 1957 Belvision, As aventuras de Tintín de Hergé e para a serie animada de 1991 As aventuras de Tintín de Ellipse e Nelvana, así como para a longametraxe The Adventures of Tintin (filme) (2011).
Sinopse
[editar | editar a fonte]Tintín e o capitán Haddock preparan a viaxe ao bordo do Sirius en busca do tesouro de Rackham o Roxo, o dúo descubrira as coordenadas do que cren que é o tesouro a bordo do buque afundido do século XVII, o Alicornio, preto dunha illa descoñecida. Antes de partir coñecen ao profesor Trifón Tornasol, que lles mostra un submarino que supostamente lles axudaría na súa viaxe. A xordeira de Tornasol impídelle comprender, ata que Haddock escríbello, que o seu invento non é ben recibido.
O barco parte, coa compañía dos policías Hernández e Fernández, xa que un dos irmáns Paxaro (inimigos de Tintín no primeiro álbum desta serie) escapouse e merodeou cerca do barco antes de que saíse do porto. Máis adiante descubrirase a un polisón no barco, o profesor Tornasol, que subiu no barco ás agachadas xunto ao seu invento.
Cando chegan ás coordenadas mostradas nos pergamiños, non hai illa á vista. Frustrado, Haddock pensa en abandonar, pero Tintín decátase pronto do problema: Se Sir Francis utilizara un mapa francés en lugar dun mapa inglés para calcular a posición, as coordenadas terían sido medidas tomando como referencia o Meridiano de París en vez do Meridiano de Greenwich. Como veñen usando o Meridiano de Greenwich, entenden que se atopan demasiado ao oeste.
Despois de viaxar á posición correcta, descobren unha illa descoñecida, que se atopa a uns 200 km ao norte de Hispaniola e a 300 km ao sueste das illas Turks e Caicos. Alí atopan unha estatua de Sir Francis Haddock e outras evidencias, incluídos papagaios que aínda usan insultos de Haddock aprendidos de Sir Francis. Tintín deduce que Francis Haddock se refuxiou na illa e que o naufraxio do 'Alicornio' debe estar preto. Localizan o naufraxio empregando o submarino de Tornasol e recuperan varios artefactos del, pero non atopan o tesouro, así que desisten e volven desilusionados a casa. Entre os artefactos hai unha caixa forte que contén documentos antigos que revelan que Sir Francis Haddock, antepasado do capitán Haddock, fora o propietario do castelo de Moulinsart. De volta a Bélxica, Tornasol compra o castelo cos cartos da venda do seu deseño submarino para o capitán en agradecemento á súa axuda co seu submarino. Tintín e Haddock exploran o castelo, cando chegan aos sotos da casa, Tintín albisca unha estatua de San Xoán o Evanxelista que sostén unha cruz cun Globo terrestre e unha aguia aos seus pés. Tintín recorda de súpeto que os tres pergameos orixinais de Francis Haddock dicían: "Tres irmáns unidos. Tres alicornos xuntos viaxando ó sol do mediodía falarán. Pois que a luz ha vir da luz. E espellará a cruz da aguia" e dáse conta de que esta mensaxe se refería, non á localización do 'Alicornio', senón a San Xoán chamado "a aguia de Patmos": o seu símbolo tradicional. Tintín localiza a illa no globo terrestre, preme un botón secreto que atopa alí e descobre o tesouro de Rackham escondido no interior. Algún tempo despois, Haddock acolle unha exposición do tesouro e varios artefactos "alicornio" no castelo de Moulinsart.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]O tesouro de Rackham serializouse no medio da ocupación alemá de Bélxica durante a segunda guerra mundial. Hergé aceptara un cargo para Le Soir, o maior diario francófono de Bélxica. Confiscado aos seus propietarios orixinais, as autoridades alemás permitiron a Le Soir reabrir baixo a dirección do editor belga Raymond de Becker, aínda que permaneceu firmemente baixo control nazi, apoiando o esforzo da guerra alemá e defendendo o antisemitismo.[2] Despois de unirse a Le Soir o 15 de outubro de 1940, Hergé converteuse en editor do seu novo suplemento infantil Le Soir Jeunesse, coa asistencia do seu vello amigo Paul Jamin e do debuxante de animación Jacques Van Melkebeke, a escaseza de papel obrigou a que Tintín se serializase diariamente nas páxinas principais de Le Soir.[3] Algúns belgas estaban molestos porque Hergé estivese disposto a traballar para un xornal controlado pola administración nazi ocupante,[4] aínda que se amosou atraído polo tamaño da tirada de Le Soir, que alcanzaba os 600 000 exemplares.[5] Ante a realidade de supervisión nazi, Hergé abandonou os temas políticos de actualidade da súa obra anterior, e adoptou unha política de neutralidade.[6] Sen necesidade de satirizar tipos políticos, o produtor e autor de entretemento Harry Thompson observou que "Hergé se concentraba máis na trama e no desenvolvemento dun novo estilo de comedia de personaxes. O público reaccionou positivamente."[7]
O tesouro de Rackham o Roxo foi a segunda metade dunha historia de dúas partes que comezou coa aventura anterior, O segredo do alicornio. Este dueto foi o primeiro que Hergé produciu desde os xarutos do faraón e O loto azul (1934–36).[8] Non obstante, como relatou o experto en Tintín Michael Farr, mentres que os xarutos do faraón e O loto azul foron en gran parte 'autosuficientes e autónomos', a conexión entre O segredo do alicornio e O tesouro de Rackham o Roxo están moito máis preto. [9]
Influencias
[editar | editar a fonte]O tesouro de Rackham o roxo introduciu ao profesor Trifón Tornasol en As aventuras de Tintín, que se converteu nun personaxe recorrente. [10] Hergé fixera uso de varios profesores excéntricos en anteriores volumes da serie, como Filemón Ciclón en os xarutos do faraón, Nestor Halambique en O cetro de Ottokar e Hipólito Calys en A estrela misteriosa, todos prefiguran a chegada de Tornasol. [11] A xordeira do personaxe estivera inspirada nun compañeiro co que Hergé traballara anos antes en Le Vingtième Siècle . [12] Visualmente, Tornasol baseouse nun científico real, o inventor suízo Auguste Piccard, que fora o primeiro home en explorar a estratosfera nun aeróstato en 1931. Hergé observou a Piccard camiñando por Bruxelas en varias ocasións, así a todo o carácter de Tornasol sería notablemente moito máis curto que Piccard.[13] Hergé nomeou este personaxe Tryphon Tournesol (Trifón Tornasol) mentres que o apelido significaba "xirasol", o nome foi adoptado a partir dun carpinteiro chamado Tryphon Beckaert, que Hergé atopara en Boitsfort. [14] Tryphon Tournesol foi renomeado despois como Cuthbert Calculus na tradución ao inglés, Trifón Tornasol en galego, Silvestre Tornasol en castelán e Balduin Bienlein (que significa "Abella pequena") para a tradución alemá. [14]
O submarino con forma de tiburón de Tornasol baseábase visualmente nun submarino real americano; Hergé vira unha foto disto nun xornal alemán. [15] O traxe de mergullo usado na historia tamén se baseou en recortes que Hergé acumulara. Do mesmo xeito, a barra do peirao representada polo debuxante baseábase nunha ilustración que recollera. [16] A tenda onde Haddock e Tintín mercaron o equipo de mergullo, incluído o traxe, inspiráronse nunha imaxe dun bar que figuraba na revista alemá, Berliner Illustrirte Zeitung. [16] A efixie tribal atopada nunha illa caribeña por Sir Francis Haddock baseouse nunha estatua tribal Bamileke do Camerún que Hergé viu nun museo. [17] O Sirius, que xa aparecera antes en A estrela misteriosa denominouse como SS Sirius, a primeira nave que cruzou o océano Atlántico só a vapor, pero baseouse visualmente no deseño dun arrastreiro, o John-O.88. Hergé debuxou esta nave nos peiraos de Ostende antes de obter os planos detallados dun arrastreiro dos construtores, Jos Boel & Son, e un modelo a pequena escala dun coleccionista. [18] A vista dos restos do Alicornio inspirouse de xeito lóxico en imaxes do naufraxio dun buque sueco do século XVII, o Vasa, que Hergé tiña arquivado. [19] A instancia da historia na que un tiburón traga unha gran caixa (que os personaxes esperan que conteña o tesouro) está baseada nun relato real dun tiburón que tragou unha cámara do fotógrafo subacuático americano Otis Barton, que Hergé atopara nunha revista ilustrada francesa.[16]
A breve aparición do doutor Daumière, que advirte a Haddock que deixe de beber alcol, foi unha alusión ao propio médico de Hergé, o doutor Daumerie. [20] Hergé fixo unha referencia cómica ao cómico francés Sacha Guitry na historia publicitando unha obra de Guitry titulada Eu no que Guitry desempeña todos os papeis.[21] [a] A aventura foi a primeira en representar a Tintín vestindo unha camisa branca baixo un suéter azul, isto pasaría a converterse no traxe icónico do personaxe. [21]
Publicación
[editar | editar a fonte]O tesouro de Rackham o Roxo comezou a serializarse como unha tira diaria en Le Soir a partir do 19 de febreiro de 1943. [22] O título da nova aventura adiantárase nun anuncio no xornal dous días antes. [23] En Bélxica publicouse entón nun formato de libro de 62 páxinas de Editions Casterman en 1944. [24] O tesouro de Rackham o Roxo conten unha das dúas viñetas favoritas de Hergé de As aventuras de Tintín. Combina tres accións encapsulando unha secuencia de acontecementos nun único debuxo: Haddock paseando pola praia nun primeiro plano, Tintin, Hernández e Fernández levando o barco de remo a terra no medio da viñeta e o Sirius ancorado no fondo. [25] [b]
No canto de emprender inmediatamente a creación dunha nova aventura de Tintín, Hergé aceptou unha proposta do escritor de crimenes de Le Soir, Paul Kinnet, creou unha historia de detectives con Hernández e Fernández. A historia titulábase Dupont et Dupond, détectives (Hernández e Fernández, Detectives), e foi ilustrada por Hergé.[27]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Haddock aparece nunha viñeta na que está un cartel desta obra, na páxina 2.
- ↑ A ilustración está no marco superior esquerdo da páxina 25.[26]
- Referencias
- ↑ Hergé 1959, pp. 24-62.
- ↑ Assouline 2009, pp. 70–71; Peeters 2012, pp. 116–118.
- ↑ Assouline 2009, p. 72; Peeters 2012, pp. 120–121.
- ↑ Goddin 2009, p. 73; Assouline 2009, p. 72.
- ↑ Assouline 2009, p. 73; Peeters 2012.
- ↑ Thompson 1991, p. 99; Farr 2001, p. 95.
- ↑ Thompson 1991, p. 99.
- ↑ Thompson 1991, p. 112.
- ↑ Farr 2001, p. 105.
- ↑ Peeters 1989, p. 76.
- ↑ Peeters 2012, p. 147.
- ↑ Goddin 2009, p. 119.
- ↑ Thompson 1991, p. 118; Farr 2001, p. 105; Assouline 2009, p. 91; Peeters 2012, p. 147.
- ↑ 14,0 14,1 Farr 2001, p. 106.
- ↑ Thompson 1991, p. 119; Farr 2001, p. 112.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 Farr 2001, p. 112.
- ↑ Thompson 1991, p. 119.
- ↑ Farr 2001, p. 111; Horeau 2004, p. 22; Goddin 2009, p. 120.
- ↑ Horeau 2004, p. 30.
- ↑ Goddin 2009, p. 120.
- ↑ 21,0 21,1 Lofficier & Lofficier 2002, p. 54.
- ↑ Lofficier & Lofficier 2002, p. 52; Goddin 2009, p. 116.
- ↑ Goddin 2009, p. 116.
- ↑ Lofficier & Lofficier 2002, p. 52.
- ↑ Thompson 1991, pp. 119–120.
- ↑ Hergé 1959, p. 25.
- ↑ Goddin 2009, pp. 128, 130; Assouline 2009, p. 94.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Apostolidès, Jean-Marie (2010) [2006]. The Metamorphoses of Tintin, or Tintin for Adults. Jocelyn Hoy (translator). Stanford: Stanford University Press. ISBN 978-0-8047-6031-7.
- Assouline, Pierre (2009) [1996]. Hergé, the Man Who Created Tintin. Charles Ruas (translator). Oxford and New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-539759-8.
- Farr, Michael (2001). Tintin: The Complete Companion. Londres: John Murray. ISBN 978-0-7195-5522-0.
- Farr, Michael (17 de outubro de 2011). "The inspiration behind Steven Spielberg's Tintin". The Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2011. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- Goddin, Philippe (2009). The Art of Hergé, Inventor of Tintin: Volume 2: 1937-1949. Michael Farr (translator). San Francisco: Last Gasp. ISBN 978-0-86719-724-2.
- Hergé (1959) [1944]. Red Rackham's Treasure. Leslie Lonsdale-Cooper and Michael Turner (translators). Londres: Egmont. ISBN 978-0-316-35834-7.
- Horeau, Yves (2004). The Adventures of Tintin at Sea. Michael Farr (translator). Londres: John Murray. ISBN 978-0-7195-6119-1.
- Lofficier, Jean-Marc; Lofficier, Randy (2002). The Pocket Essential Tintin. Harpenden, Hertfordshire: Pocket Essentials. ISBN 978-1-904048-17-6.
- McCarthy, Tom (2006). Tintin and the Secret of Literature. Londres: Granta. ISBN 978-1-86207-831-4.
- Peeters, Benoît (1989). Tintin and the World of Hergé. Londres: Methuen Children's Books. ISBN 978-0-416-14882-4.
- Peeters, Benoît (2012) [2002]. Hergé: Son of Tintin. Tina A. Kover (translator). Baltimore, Maryland: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0454-7.
- Simmons, Alex (8 de decembro de 2011). "The Adventures of Tintin [The Game] Review". IGN. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2012. Consultado o 6 de febreiro de 2015.
- Thompson, Harry (1991). Tintin: Hergé and his Creation. Londres: Hodder and Stoughton. ISBN 978-0-340-52393-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El tesoro de Rackham el Rojo en Tintin.com
- El tesoro de Rackham el Rojo en Tintinologist.org