Tintín e o lago dos tiburóns
Tintín e o lago dos tiburóns | |
---|---|
Título orixinal | Tintin et le Lac aux Requins |
Autor/a | Hergé |
Orixe | Bélxica |
Lingua | Francés |
Colección | As aventuras de Tintín |
Xénero(s) | Aventuras |
Editorial | Casterman |
Data de pub. | Filme 1972 |
Formato | Filme, con recompilación en álbum |
Páxinas | 62 |
ISBN | ISBN 84-261-2092-X |
Precedido por | Voo 714 para Sidney |
Seguido por | Tintín e os pícaros |
Editor | Editorial Juventud |
Tradución | Valentín Arias López |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tintín e o lago dos tiburóns (en francés Tintin et le Lac aux Requins) é unha película de debuxos animados de Tintín, dirixida por Raymond Leblanc en 1972. A primeira edición en galego foi en 1984 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.
Características
[editar | editar a fonte]A película non foi escrita nin debuxada por Hergé, creador do personaxe, senón polo historietista belga Michel Regnier, máis coñecido polo seu pseudónimo de Greg. Jacques Careuil o encargado de darlle a voz ao protagonista no idioma orixinal.
Tras a estrea do filme realizouse unha adaptación á banda deseñada, usando como viñetas fotogramas da película, e engadindo globos de diálogo procedentes do guión.
Sinopse
[editar | editar a fonte]En Sildavia, cerca do lago Flechizoft, está o profesor Tornasol, que invitou a Tintín e ao Capitán Haddock a pasar unhas vacacións. O avión no que viaxan Tintín e Haddock sofre un accidente en estrañas circunstancias. Tras ser salvados por dous pequenos syldavos, finalmente chegan a casa do profesor, quen lles mostra o seu último traballo: unha máquina capaz de reproducir todos os obxectos en tres dimensións.
As infinitas posibilidades que ofrece tal descubrimento suscitan perigosas cobizas, en particular do odioso Rastapopoulos, disposto a todo para apropiarse do xenial invento.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tintin et le Lac aux requins sur Histoires de tournages
- Tintin and the Lake of Sharks, 44pp, first UK edition published by Methuen, 1973. ISBN 978-0416789508