Francisco Godia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Francesc Godia i Sales 21 de marzo de 1921 Barcelona, España |
Morte | 28 de novembro de 1990 (69 anos) Barcelona, España |
Lugar de sepultura | Camposanto de Montjuïc |
Outros nomes | Paco Godia |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Disciplina deportiva | Fórmula 1 |
Familia | |
Pai | Francisco Godia Petriz |
Premios | |
Francisco Godia Sales (Paco Godia), nado en Barcelona o 21 de marzo de 1921 e finado na mesma cidade o 28 de novembro de 1990, foi un piloto de automobilismo catalán, o primeiro piloto español en competir na Fórmula 1. Foi unha personalidade singular que uniu un instinto excepcional para os negocios co amor pola arte e a paixón polas carreiras de automóbiles.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Paco Godia encarna a figura do gentleman driver dos inicios do automobilismo deportivo. Debutou en 1945 no circuíto de Montjuïc, aos mandos dun Hotchkiss, e moi pronto se deu a coñecer internacionalmente participando nas 24 Horas de Le Mans de 1949, xunto a Juan Jover Sañés, co equipo oficial Delage.
Entre 1954 e 1958 disputou o Campionato do Mundo de Fórmula 1, pilotando automóbiles Maserati. Debutou o 28 de outubro de 1951 no Gran Premio de España e logrou un total de seis puntos no campionato mundial, conseguidos con dous 4º postos. Terminou 9º no Campionato de 1956, algo que ningún español conseguiu superar ata Fernando Alonso.
Retirouse da competición en 1969, pero continuou vinculado ao deporte do motor. A súa influencia foi decisiva na construción do Circuíto de Cataluña.
Afeccionado á arte, reuniu unha valiosa colección privada que actualmente se exhibe no Museo Fundación Francisco Godia de Barcelona.
Resultado completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1951 | Scuderia Milano | Maserati 4CLT/48 | Maserati 4 en liña | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | ESP 10 |
NC | 0 | |||
1954 | Officine Alfieri Maserati | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARX | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | SUI | ITA | ESP 6 |
NC | 0 | ||
1956 | Officine Alfieri Maserati | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARX | MON | 500 | BEL Ret |
FRA 7 |
GBR 8 |
ALE 4 |
ITA 4 |
9º | 6 | |||
1957 | Francisco Godia Sales | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARX | MON | 500 | FRA | GBR | ALE Ret |
PES Ret |
ITA 9 |
NC | 0 | |||
1958 | Francisco Godia Sales | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARX 8 |
MON NSC |
NED | 500 | BEL Ret |
FRA Ret |
GBR | ALE | POR | ITA | MAR | NC | 0 |