Parque da Riouxa
Tipo | xardín público | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Teis, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 6 ha | |||
O parque da Riouxa é unha zona verde e un dos parques que existen na cidade de Vigo. Foi construído entre 1990 e 1991 polo arquitecto catalán Ricardo Bofill[1], e localízase na parroquia de Teis. Ten unha extensión de aproximadamente 60 hectáreas. Entre os seus elementos, destacan un anfiteatro de pedra e céspede, un paseo con pérgolas e un xardín botánico con especies arbóreas autóctonas, como o carballo ou o castiñeiro; mesturadas con outras foráneas, coma o castiñeiro de indias.
Historia
[editar | editar a fonte]O proxecto de construción do parque da Riouxa foi un dos dous proxectos que o alcalde Manuel Soto encargara en 1989 ao arquitecto catalán Ricardo Bofill na cidade olívica.[2] Este, con todo, foi o único dos dous que puido ser finalizado. O segundo proxecto inconcluso, o que ía ser a praza da Concordia, non se realizou ao non autorizar a Xunta de Galicia a demolición do edifico que daquela ocupaba o Pazo de Xustiza e que agora ocupa o Museo MARCO.
O parque da Riouxa, así, foi un encargo para crear unha zona verde no barrio de Teis, concretamente na outrora finca de dona Fermina, unha leira privada na que xa daquela se organizaban eventos particulares.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Parque da Riouxa". Ricardo Bofill, obradoiro de arquitectura. Consultado o 2 de agosto de 2024.
- ↑ "A Riouxa, a única obra de Bofill en Galicia.". Atlántico Diario. Consultado o 2 de agosto de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernando Agrasar Quiroga. Guía de Arquitectura de Vigo (COAG, 2009). ISBN 978-84-85665-44-0
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Parque da Riouxa Turismo de Vigo.
- A Riouxa, un amplo espazo verde Faro de Vigo.