Saltar ao contido

Parque forestal de Beade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque forestal de Beade
Imaxe
Tipoparque Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBeade, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°10′38″N 8°41′20″O / 42.1773116, -8.6889465
Características
Superficie93.000 m² Editar o valor en Wikidata

O parque forestal de Beade é un parque situado na parroquia homónima da cidade de Vigo. Ten uns 93.000 metros cadrados de extensión, e conta con diversas zonas recreativas, así como diversas especies arbóreas autóctonas de bosque caduco, como carballos e castiñeiros.

A actividade reacreativa do parque inclúe mesas e barbacoas públicas, un bar e un restaurante, un miradoiro e un teléfono público.

Tamén consta dun ecoparque de aventuras con tirolinas, pontes e cables de altura, entre outras atraccións e actividades de natureza. Con máis de 22.000 metros cadrados é o ecoparque máis extenso de Galicia.[1]

Sendeiros

[editar | editar a fonte]
Sendeiro no parque forestal.

Existen dúas rutas de sendeirismo que atravesan o parque.

A primeira e a ruta PR-G5, que atravesa o Río Eifonso, de carácter liñal e uns 4 quilómetros de lonxitude. A través do seu percorrido pódense atopar elementos arquitectónicos coma muíños ou ermidas.[2]

O segundo sendeiro, a ruta GR-53, é unha senda de grande percorrido que circunvala o concello de Vigo polos seus montes. Cunha lonxitude de 40 quilómetros, e de carácter circular, é a ruta de sendeirismo máis grande da cidade olívica.[3]

O acceso ao parque forestal pode realizarse en automóbil privado ou público. Existen varias liñas de autobús que parten de diferentes áreas de Vigo, como as liñas L31, L15C e L8.

En automóbil privado, o acceso realízase pola Estrada EP-2005, á que se accede pola Avenida de Madrid tras tomar a saída 663 (Cabral - Cidade Universitaria - Pista forestal). O parque consta cun aparcadoiro de vehículos.

  1. "Beade presume do maior ecoparque de aventuras de Galicia.". Faro de Vigo. Consultado o 3 de agosto de 2024. 
  2. "Río Eifonso PR-G5". Turismo de Vigo. Consultado o 3 de agosto de 2024. 
  3. "Senda panorámica de Vigo GR-53". Turismo de Vigo. Consultado o 3 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]