Saltar ao contido

Parque forestal de San Miguel de Oia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque forestal de San Miguel de Oia
Tipoxardín público Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaVigo, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°10′27″N 8°47′47″O / 42.1740355, -8.7962622
Características
Superficie39.737 m² Editar o valor en Wikidata

O parque forestal de San Miguel de Oia é un parque situado na parroquia homónima da cidade de Vigo. Ten uns 39.737 metros cadrados de extensión, e está situado nos terreos do monte comunal. Conta con diversas zonas recreativas, así como diversas especies arbóreas autóctonas de bosque caduco, como carballos e bidueiros, así como castiñeiros de indias, tuias ou cryptomerias.[1] Conserva aínda algún tramo do antigo camiño empedrado entre Vigo e Baiona. Ao seu través, discorre a ruta de sendeirismo GR 53, unha ruta circular de 6 quilómetros.

O parque forestal de Oia ten diferentes instalacións recreativas, entre as que destacan unha zona de acampada, unha zona de mesas e barbacoas, unha fonte e un miradoiro.

O acceso ao parque forestal pode realizarse en automóbil privado ou público. Existen varias liñas de autobús que parten de diferentes áreas de Vigo, como as liñas L11 e L12A.

En automóbil privado, o acceso realízase pola estrada C-550 en dirección a Baiona.

  1. "Parque Forestal de Oia". Hoxe Vigo. Consultado o 3 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]