Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Azerbaidján

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Azerbaidján na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Azerbaidján, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Azerbaidján ratificou a convención o 16 de decembro de 1993.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Azerbaidján
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]

     * Lugar transnacional

Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO
01 Cidade vella de Bakú, co palacio dos Shirvanshahs e a Torre da Doncela[5][6] Bakú 2000 948; iv (cultural)
02 Parque Nacional de Gobustan[7] Distritos de Garadagh e Absheron 2007 1076rev; iii (cultural)
03 Palacio dos Khans de Shaki[8] Shaki 2019 1549rev; ii, v (cultural)
04 Paisaxe cultural de Khinalug e Ruta de Transhumancia "Köç Yolu" Distrito de Quba 2020 1696; iii, v (cultural)
05 Bosque mixto hircano do Caspio Distrito de Lankaran e Astara 2023 1584bis; ix, x (natural)
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. "Azerbaijan". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  4. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  5. "World Heritage Committee removes Baku from Danger List welcoming improvements in the ancient city´s preservation". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  6. "Walled City of Baku with the Shirvanshah's Palace and Maiden Tower". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2021. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  7. "Gobustan Rock Art Cultural Landscape". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2021. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  8. "Historic Centre of Sheki with the Khan's Palace". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2019. Consultado o 28 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]