Patrimonio da Humanidade en Belarús
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Belarús, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Belarús ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 12 de outubro de 1988, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.
No ano 2024, había catro sitios de Belarús inscritos na lista.[3][4] O primeiro sitio engadido na lista foi o bosque de Białowieża en 1992, o cal é unha extensión do lugar de Polonia declarado en 1979. Este é o único sitio natural de Belarús, sendo os outros tres sitios culturais. Alén do bosque de Białowieża, o Arco Xeodésico de Struve tamén é un sitio transnacional, compartido con outros nove países europeos.[5] Ademais, Belarús ten seis lugares máis na lista de candidaturas.[5]
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Belarús
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[6]
* Lugar transnacional
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO | Descrición |
---|---|---|---|---|---|---|
01 | Bosque de Białowieża* | Rexión de Brest e rexión de Grodno | 1992 | 33ter; vii (natural) | O bosque de Białowieża é un gran complexo forestal, que inclúe extensas fragas na fronteira entre Polonia e Belarús. É un exemplo da ecorrexión terrestre dos bosques mixtos de Europa central e unha serie de hábitats non forestais asociados, incluíndo prados húmidos, vales fluviais e outras zonas húmidas. A zona alberga a maior poboación libre de bisonte europeo, así como de lobo, lince e lontra. A parte polaca do sitio engadiuse por primeira vez á lista en 1979. A parte en Belarús, Belovezhskaya Pushcha, engadiuse en 1992, e no ano 2014 produciuse unha grande ampliación da área protexida.[7] | |
02 | Castelo de Mir | Mir, rexión de Grodno | 2000 | 625; ii, iv (cultural) | O castelo de Mir atópase nunha zona cunha historia convulsa, que influíu no seu desenvolvemento. A construción comezou a finais do século XV, en estilo gótico. As reconstrucións posteriores fixéronse baixo influencias do Renacemento e do Barroco. Sufriu moitos danos durante as guerras napoleónicas e restaurouse a finais do século XIX.[8] | |
03 | Arco Xeodésico de Struve* | Rexión de Brest e rexión de Grodno | 2005 | 1187; ii, iii, vi (cultural) | O Arco Xeodésico de Struve é unha serie de puntos de triangulación que se estende por unha distancia de 2820 km dende Hammerfest en Noruega até o mar Negro. Os puntos foron estabelecidos nunha enquisa do astrónomo Friedrich Georg Wilhelm von Struve, que primeiro mediu con precisión un longo segmento dun meridiano, e xunto con el o tamaño e a forma da Terra. Orixinalmente, había 265 puntos de estación. O Patrimonio da Humanidade inclúe 34 puntos en dez países (de norte a sur: Noruega, Suecia, Finlandia, Rusia, Estonia, Letonia, Lituania, Belarús, Moldavia e Ucraína), cinco dos cales están en Belarús (o marcador de Tupiški na imaxe).[9] | |
04 | Complexo arquitectónico, residencial e cultural da familia Radziwill en Nesvizh | Nesvizh, rexión de Minsk | 2005 | 1196; ii, iv, vi (cultural) | O castelo de Nesvizh foi o fogar da familia Radziwiłł, quen construíu e mantivo o castelo dende o século XVI ata 1939. Os Radziwiłł eran mecenas das ciencias e das artes e convidaban artistas, artesáns e arquitectos á cidade de Nesvizh. Estas interaccións axudaron a transmitir as tendencias dende o sur e o oeste de Europa ata a Europa central e oriental. O complexo comprende o castelo residencial e a igrexa-mausoleo de Corpus Christi, Nesvizh, xunto coa súa paisaxe.[10] |
Lista de lugares candidatos
[editar | editar a fonte]Ademais dos sitios inscritos na lista do Patrimonio da Humanidade, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a lista do Patrimonio da Humanidade se o sitio figuraba previamente na lista provisional.[11] No ano 2024, Belarús tiña seis lugares na súa lista de candidatos.[5]
Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO | Descrición |
---|---|---|---|---|---|
Canle de Augustów* | Rexión de Grodno | 2004 | i, ii (cultural) | A canle de Augustów construíuse entre 1823 e 1839 para proporcionar un enlace directo entre os dous ríos principais, o río Vístula (a través do río Biebrza – un afluente do río Narew), e o río Neman (a través do seu afluente – o río Czarna Hancza). Ademais, proporcionaba un enlace co mar Negro ao sur a través da canle de Oginski, e co río Daugava, coa canle do Berezina e co río Dnieper. Permitiu que as rutas comerciais pasasen por alto o territorio de Prusia Oriental, que antes introducira altos dereitos de aduana para o tránsito de mercadorías polacas e lituanas polo seu territorio. O patrimonio técnico da canle inclúe esclusas, vertedoiros hidráulicos, camiños de sirga, así como estradas e pontes. A canle está agora situada nos territorios de Belarús e Polonia, polo que a candidatura é transnacional.[12][13] | |
Igrexa da Transfiguración e Catedral de Santa Sofía de Polotsk | Polotsk, rexión de Vitebsk | 2004 | i, ii (cultural) | A Igrexa da Transfiguración do Salvador construíuse entre 1152 e 1161 ao estilo da antiga Rus' por orde da princesa Santa Eufrosina de Polatsk. Dende o século XVI ata o XIX foi utilizado polos xesuítas. A catedral de Santa Sofía foi construída orixinalmente no século XI, pero reconstruída primeiro despois do incendio de 1447 e despois no século XVIII despois da Gran Guerra do Norte, desta volta en estilo barroco. A fachada principal está adornada con elementos ornamentais de estilo rococó.[14] | |
Igrexa de San Boris e San Gleb de Kalozha en Hrodna | Rexión de Grodno | 2004 | i, ii (cultural) | A igrexa foi construída na década de 1180 en ladrillo e pedra. Nos séculos seguintes, a igrexa sufriu unha serie de renovacións, así como un colapso parcial debido a un desprendemento da marxe alta do río Nieman, onde se atopa a igrexa. Da estrutura orixinal quedan dous muros, tres ábsidas e dous piares. Aínda é un lugar de culto activo.[15] | |
Edificios para o culto de tipo fortaleza en Belarús, Polonia e Lituania | Rexión de Grodno e rexión de Vitebsk | 2004 | i (cultural) | Esta candidatura inclúe tres igrexas fortificadas en Belarús, a Igrexa da Natividade da Santísima Virxe María en Muravanka (na imaxe), a Igrexa de San Miguel en Synkavichy, e a Igrexa de San Xoán Bautista en Kamai. As igrexas foron construídas nos séculos XVI e XVII e moitas veces foron renovadas debido aos danos derivados da guerra ou dos incendios.[16] | |
Arquitectura eclesiástica en madeira (séculos XVII-XVIII) en Polesye | Rexión de Brest | 2004 | i, ii, iii (cultural) | Esta candidatura abrangue a arquitectura de madeira na rexión de Polesye, sendo a madeira o principal material de construción durante séculos. Nos séculos XVII e XVIII xurdiron dous tipos de escolas arquitectónicas de Polesye: a Polesye occidental e a Polesye oriental. Un exemplo é a Igrexa de San Nikita en Zditovo (na imaxe), que foi construída por primeira vez en 1502 e posteriormente ampliada.[17] | |
Monumentos aos heroes da Gran Guerra Patriótica: Fortaleza de Brest e Mamayev Kurgan* | Rexión de Brest | 2024 | ii, iv, vi (cultural) | Esta candidatura comprende dous lugares conmemorativos da Gran Guerra Patria, ou a Fronte Oriental da segunda guerra mundial - a Fortaleza de Brest en Belarús e Mamayev Kurgan en Rusia. A fortaleza de Brest foi o lugar do ataque alemán contra a Unión Soviética en 1941. Un complexo conmemorativo construíuse a finais dos anos 60 e principios dos 70. Artisticamente, mestura a estética da Antigüidade clásica e do período moderno para mostrar sentimentos de patriotismo, sacrificio, heroísmo e dor polos caídos. Ambos complexos conmemorativos contribuíron ao desenvolvemento do heroico estilo da arte soviética que se fixo prominente nos países socialistas.[18] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ "UNESCO World Heritage Sites in Belarus". belarus.by. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ Benjamin Elisha Sawe (25 de abril de 2017). "UNESCO World Heritage Sites in Belarus". worldatlas.com. Arquivado dende o orixinal o 16 September 2016. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Belarus". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Białowieża Forest". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de setembro de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ "Mir Castle Complex". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ "Struve Geodetic Arc". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2011. Consultado o 20 de outubro de 2011.
- ↑ "Architectural, Residential and Cultural Complex of the Radziwill Family at Nesvizh". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ "Augustow Canal". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ "The Augustów Canal (Kanal Augustowski)". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ "Saviour Transfiguration Church and St. Sophia Cathedral in the town of Polatsk". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ "SS. Boris and Gleb (Kalozha) Church in the city of Hrodna". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ "Edifices for Worship of Fortress Type in Belarus, Poland and Lithuania". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ "Worship wooden architecture (17th -18th centuries) in Polesye". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ "Memorials to the Heroes of the Great Patriotic War: Brest Fortress and Mamayev Kurgan (Belarus)". UNESCO World Heritage Centre. 30 May 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade en Belarús |