Patrimonio da Humanidade en Chile
Localización dos sitios da Illa de Pascua na lista do Patrimonio Mundial.
|
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/78/Flag_of_Chile.svg/180px-Flag_of_Chile.svg.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/24/Welterbe.svg/55px-Welterbe.svg.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bc/UNESCO_logo.svg/70px-UNESCO_logo.svg.png)
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Chile, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Chile ratificou a convención en 20 de febreiro de 1980, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]
- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Chile
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[3]
* Lugar transnacional
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Parque Nacional Rapa Nui | ![]() |
Illa de Pascua | 1995 | 715; i, iii, v (Cultural) |
02 | Igrexas de Chiloé | Los Lagos | 2000 | 971; ii, iii (Cultural) | |
03 | Barrio Histórico da Cidade Portuaria de Valparaíso | ![]() |
Valparaíso | 2003 | 959; iii (Cultural) |
04 | Fábricas de Nitrato de Humberstone e Santa Laura | ![]() |
Tarapacá | 2005 | 1178; ii, iii, iv (Cultural) |
05 | Cidade Mineira de Sewell | ![]() |
O'Higgins | 2006 | 1214; ii (Cultural) |
06 | Qhapaq Ñan, Camiños do Inca | ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() 18°15′00″S 69°35′30″O / -18.25000, -69.59167 |
Varios, compartido con2014 | 1459; ii, iii, iv, vi (Cultural) |
07 | Asentamento e momificación artificial da cultura chinchorro na rexión de Arica e Parinacota | ![]() |
Arica e Parinacota | 2021 | 1634; iii, v (Cultural) |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade en Chile ![]() |