Patrimonio da Humanidade en Uganda
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Uganda, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Uganda aceptou a convención o 20 de novembro de 1987, polo que os seus sitios históricos poden ser incluídos na lista. En 2023, Uganda tiña tres sitios Patrimonio da Humanidade.[3]
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Uganda
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Criterios | Ano | Descrición |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Parque nacional da selva impenetrable de Bwindi | Distrito de Kanungu | Natural (VII) (IX) | 1994 | Situado no suroeste de Uganda, na unión dos bosques da chaira e da montaña, o parque Bwindi ocupa 32.000 ha e é coñecido pola súa excepcional biodiversidade, con máis de 160 especies de árbores e máis de 100 especies de fentos. Alí tamén se poden atopar moitos tipos de aves e bolboretas, así como moitas especies en perigo de extinción, incluíndo o gorila de montaña.[5] | |
2 | Parque nacional dos Montes Ruwenzori | Distrito de Kasese | Natural (VII) (X) | 1994 | O Parque Nacional das Montañas Rwenzori abarca case 100.000 ha no oeste de Uganda e comprende a parte principal da cadea montañosa Rwenzori, que inclúe o terceiro pico máis alto de África (Monte Margherita: 5.109 m). Os glaciares, as fervenzas e os lagos da rexión convértena nunha das zonas alpinas máis fermosas de África. O parque ten moitos hábitats naturais de especies ameazadas e unha flora rica e infrecuente que comprende, entre outras especies, o breixo xigante.[6] | |
3 | Tumbas dos reis de Buganda en Kasubi | Distrito de Kampala | Cultural (I) (III) (IV) (VIvi) | 2001 | As Tumbas dos Reis Buganda en Kasubi constitúen un sitio que abrangue case 30 ha de ladeira dentro do distrito de Kampala. A maior parte do lugar é agrícola, cultivado por métodos tradicionais. No seu núcleo, no cume do outeiro, atópase o antigo palacio dos Kabakas de Buganda, construído en 1882 e convertido no cemiterio real en 1884. Catro tumbas reais atópanse agora dentro do Muzibu Azaala Mpanga, o edificio principal, que é circular e está coroado por unha cúpula. É un grande exemplo de logros arquitectónicos en materiais orgánicos, principalmente madeira, palla, cana e lama A importancia principal do sitio reside, porén, nos seus valores intanxibles de crenzas, espiritualidade, continuidade e identidade.[7] |
Lista de lugares candidatos
[editar | editar a fonte]Ademais dos sitios inscritos na lista do Patrimonio da Humanidade, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a lista do Patrimonio da Humanidade se o sitio figuraba previamente na lista provisional.[8]
Nome | Imaxe | Localización | Criterios | Area ha (acre) |
Ano da inclusión | Descrición |
---|---|---|---|---|---|---|
Bigo bya Mugenyi (Movementos de terras arqueolóxicas) | Distrito de Sembabule 0°09′N 31°15′L / 0.15, 31.25 | Cultural (I) (II) (III) (VI) | 1997 | [9] | ||
Kibiro (aldea produtora de sal) | Distrito de Hoima 1°40′27″N 31°15′09″L / 1.674167, 31.2525 | Cultural (I) (III) (IV) (V) | 1997 | [10] | ||
Ntusi (Mámoas e bacias artificiais) | Distrito de Sembabule 0°03′02″N 31°12′07″L / 0.05044, 31.20188 | Cultural (I) (III) (IV) (VI) | 1997 | [11] | ||
Nyero e outros sitios de arte rupestre xeométrica de cazadores-recolectores no leste de Uganda | Distrito de Kumi 1°28′18″N 33°50′46″L / 1.471528, 33.846222 | Cultural (I) (II) (VI) | 1997 | [12] | ||
Parque nacional do Gorila de Mgahinga | Distrito de Kisoro 1°22′10″S 29°38′25″L / -1.369444, 29.640278 | Natural (VII) (VIII) (IX) (X) | 2007 | [13] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ "Uganda". UNESCO. Consultado o 20 de novembro de 2023.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Bwindi Impenetrable National Park" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2023-11-20. Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.
- ↑ "Rwenzori Mountains National Park" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2023-11-20. Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.
- ↑ "Tombs of Buganda Kings at Kasubi" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2023-11-20. Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ "Bigo bya Mugenyi (Archaeological Earthworks)". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Kibiro (Salt producing village)". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Ntusi (man-made mounds and Basin)". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Nyero and other hunter-gatherer geometric rock art sites in eastern Uganda". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Mgahinga Gorilla National Park". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade en Uganda |