Patrimonio da Humanidade en Costa do Marfil
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Costa do Marfil, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Costa do Marfil, país litoral do oeste africano bañado polo golfo de Guinea e de gran variedade étnica e cultural debido á súa historia como ruta de comercio colonial, ratificou a convención o 9 de xaneiro de 1981, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
Os primeiros sitios de Costa do Marfil recoñecidos pola UNESCO foron designados Patrimonio Mundial na 5ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Sydney (Australia) en 1981.[4] Nesa ocasión, Costa do Marfil tivo designado a Reserva Natural Integral do Monte Nimba, compartido coa Guinea e, posteriormente, incluído na Lista do Patrimonio da Humanidade en Perigo dende 1992 como consecuencia de conflitos armados locais que ameazan a estabilidade e a conservación natural da zona. Dende a súa máis recente adhesión, Costa do Marfil conta cun total de 5 sitios declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, 3 deles de clasificación natural e 2 de clasificación cultural.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Costa do Marfil
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[5]
* Lugar transnacional
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Reserva Natural Integral do Monte Nimba | Dix-Huit Montagnes (Costa do Marfil) / Nzérékoré (Guinea) | 1981 | 155; ii, iv (natural) | |
02 | Parque Nacional de Taï | Moyen-Cavally e Bas-Sassandra | 1982 | 195; vii, x (natural) | |
03 | Parque Nacional do Comoé | Zanzan | 1983 | 227; ix, x (natural) | |
04 | Cidade histórica de Grand-Bassam | Sud-Comoé | 2012 | 1322rev; iii, iv (cultural) | |
05 | Mesquitas de estilo sudanés no norte de Costa do Marfil | Savanes | 2021 | 1648; ii, iv (cultural) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ UNESCO (ed.). "Costa do Marfil".
- ↑ UNESCO (ed.). "5th session of the World Heritage Committee".
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade en Costa do Marfil |