Pero de Ver
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Pero de Ver (ou Veer) foi un xograr galego do século XIII, compositor de lírica en galego-portugués.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un xograr activo a mediados do século XIII.[3] Estudosos sitúan a súa orixe na localidade de San Vicente de Ver pertencente á Terra de Lemos, aparece documentado nunha doazón ao mosteiro de Samos en 1240.[1] Con todo, tamén hai documentado un Pero Perez de Ver en Portugal nunha doazón de 1236, probablemente relacionado coa localidade de São João de Ver.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]Consérvanse oito cantigas: cinco cantigas de amigo e tres cantigas de amor.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Biografía". Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB). ISSN 1989-4546. Consultado o 24 de xullo de 2021.
- ↑ González Seoane, Álvarez de la Granja e Boullón Agrelo (2006), p. 144
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Pero de Ver". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 24 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González Seoane, Ernesto; Álvarez de la Granja, María; Boullón Agrelo, Ana Isabel (2006). Dicionario de dicionarios do galego medieval. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 9788497507738.