Saltar ao contido

Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «República de Italia»)

Modelo:Xeografía políticaItalia
Repubblica Italiana (it)
Italia (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoIl Canto degli Italiani Editar o valor en Wikidata

Lema«sen valor» Editar o valor en Wikidata
EpónimoItalia Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°30′N 12°30′L / 42.5, 12.5
CapitalRoma (1946–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación58.850.717 (2023) Editar o valor en Wikidata (194,83 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie302.068 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado pormar Adriático, Mar Tirreno, Mar Xónico, Mar de Liguria e Mar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMont Blanc (4.808,72 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoContane (pt) Traducir (−3,44 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación18 de xuño de 1946 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Santo padrónFrancisco de Asís e Catarina de Siena Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria (1946–) Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataSergio Mattarella (2015–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoverno de Itália (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Presidenta Editar o valor en WikidataGiorgia Meloni (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Itália (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialCorte de Cassação (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal2.114.355.756.914 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedaeuro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.it Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+39 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 113, 115 e 118 Editar o valor en Wikidata
Código de paísIT Editar o valor en Wikidata
Código NUTSIT Editar o valor en Wikidata

Páxina webitalia.it Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450723

Italia (Gl-Italia.ogg pronunciación ) (en italianoItalia[iˈtaːlja] (AFI)It-Italia.ogg escoitar[1]), oficialmente República Italiana[2] (Gl-República Italiana.ogg pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da Península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.

No norte está flanqueado polo arco alpino onde limita, de leste a oeste, con Eslovenia, Austria, Suíza e Francia. O resto do territorio está circundado polos mares Lígur, Tirreno, Xónico e Adriático. Os pequenos estados da Cidade do Vaticano e San Marino son enclaves dentro do territorio italiano. Á súa vez Campione d'Italia é un concello italiano que forma un pequeno enclave en territorio suízo. A superficie total é de 301.340 km2, cunha poboación de 60,8 millóns de habitantes[3][4]. A súa capital desde os tempos do Imperio romano é Roma, e foi durante séculos o centro político e cultural da civilización occidental.

Ten sido o fogar de moitas culturas europeas coma a civilización de Nuraga, os etruscos, os gregos e os romanos. Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a Italia medieval foi invadida e sometida á dominación de pobos xermánicos coma os ostrogodos, os longobardos e os normandos. Isto non impediu que a Península, coa revitalización comercial das comunas medievais, chegara a se-lo berce do capitalismo[5][6]. No século XV, coa difusión do Renacemento por toda Europa, convértese no centro cultural do mundo occidental; mais despois das guerras do século XVI cae baixo a soberanía de potencias estranxeiras, coma Francia, España e Austria. Durante o Risorgimento combate pola independencia e pola unidade, ata que en 1861 foi proclamado o Reino de Italia. A ditadura fascista, iniciada en 1922, rematou coa derrota na segunda guerra mundial e a guerra de liberación. En 1946, logo dun referendo institucional, o Estado italiano convértese nunha república parlamentaria regulada pola Constitución de 1948.

No 2014 Italia, oitava potencia económica mundial e cuarta europea, é un país cun elevado nivel de vida: o índice de desenvolvemento humano é moi alto, 0,872, e a esperanza de vida é de 82,4 anos[7]. É membro fundador da Unión Europea, da OTAN, do Consello de Europa e da OCDE; adherido á ONU e ó tratado de Schengen. É ademais membro do G7, do G8 e do G20; participa no proxecto Nuclear Sharing da OTAN, é unha gran potencia rexional europea[8], capaz de exercer influencia política sobre opcións e decisións de orde extraeuropeo e internacional[9][10][11][12][13], e está en novena posición do mundo por gasto militar. En Roma teñen a súa sede numerosas organizacións internacionais coma a Organización para a Agricultura e a Alimentación, o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola, o Glocal Forum ou o Programa Mundial de Alimentos.

Italia posúe o maior número de sitios declarados patrimonio da Humanidade pola UNESCO[14]. É o quinto país do mundo e terceiro da Unión Europea que máis turistas recibe por ano, sendo Roma a terceira cidade máis visitada[15]. Outras cidades importantes son Milán, centro industrial e finaceiro, e, segundo o "Global Language Monitor", a capital da Moda[16]; Turín, centro da industria automobilística e do deseño industrial, Boloña, coa universidade máis antiga do mundo; as cidades históricas de Venecia, Florencia e Nápoles etc.

Artigo principal: Historia de Italia.

O nome Italia vén da Roma antiga. Os romanos chamaban ao sur da península italiana de Italia, que significa "terra de bois" ou "terra de pastos".

Italia influenciou bastante o desenvolvemento cultural e social de toda a Europa mediterránea, e sobre toda a cultura europea. Importantes culturas e civilizacións existiron desde tempos prehistóricos, tales como a civilización etrusca, que dominaron esta parte do mundo durante séculos, e especialmente o Imperio Romano, que estendeu os seus límites sobre a maior parte do continente europeo, o norte da África e o Oriente Medio.

Despois da caída do Imperio Romano de Occidente en 476, a provincia italiana foi gobernada por unha serie de reis bárbaros, ata o século VI, cando os Estados Papais foron creados, coa capital en Roma, baixo o comando da Igrexa católica En 776, a Lombardía foi conquistada por Carlomagno, que foi coroado emperador da Lombardía e do Sacro Imperio Romano Xermánico en 800, polo papa León III.

A partir do século X, as cidades do norte da actual Italia pasaron a ficar máis independentes entre si, tornándose centros económicos e políticos importantes. Elas tornaríanse cidades-estado, ao longo da Idade Media e do Renacemento, e exercerían grande influencia sobre o panorama cultural e económico do continente europeo. San Marino é un vestixio desas cidades-estado.

A Italia tornouse unha nación unida o 17 de marzo de 1861, cando a maior parte das cidades-estado foron unidas sobre o comando do Rei Vítor Manuel II, do Piemonte. Os arquitectos da Unificación italiana foron o Conde de Cavour, o ministro-xefe de Vitor Manuel, e Giuseppe Garibaldi, un xeneral e heroe italiano. Roma ficaría baixo o control do Papado por máis unha década ata o 20 de setembro de 1870. O Vaticano é un país independente, un enclave totalmente cercado pola cidade de Roma, e un vestixio dos antigos Estados Papais.

Desde finais do século XIX, Italia converteuse nunha forza colonial, con colonias en Somalia, Eritrea, Libia e o Dodecaneso.

O goberno ditatorial de Benito Mussolini, en 1922, culminou cunha alianza coa Alemaña e mailo Xapón, e a consecuente formación do Eixo, que levaría á derrota italiana na segunda guerra mundial. O 2 de xuño de 1946, un referendo resultou na abolición da monarquía, e a instalación dunha república, que culminou coa adopción dunha nova constitución en 1 de xaneiro de 1948.

A Italia foi un membro fundador da OTAN, fundada en 4 de abril de 1949, e da Unión Europea, creada entre 1952 e 1958. En 14 de decembro de 1955, Italia tornouse un membro da Organización das Nacións Unidas. O país, desde entón, xuntouse á crecente unificación económica e política da Europa Occidental. Un exemplo disto foi a introdución do Euro como moeda oficial do país, en 1999, substituíndo a antiga Lira italiana.

Política

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Política de Italia.
Sergio Mattarella, 12º Presidente da República Italiana.

A Constitución italiana de 1948 estableceu un Parlamento bicameral, que consiste nunha Cámara dos Deputados (Camera dei Deputati) e dun Senado (Senato della Repubblica) ben como un sistema xudiciario; e un sistema executivo composto dun Consello de Ministros (Consiglio dei ministri), liderado polo primeiro-ministro (Presidente del consiglio dei ministri). O presidente da república (Presidente della Repubblica) é elixido para mandatos de 7 anos de duración polo Parlamento, xuntamente cun certo número de delegados rexionais. O presidente escolle o primeiro ministro, e este propón os outros ministros, que son aprobados polo presidente. O Consello de Ministros precisan ter apoio (Fiducia - confianza) de ambas as casas do parlamento.

Os deputados son elixidos directamente pola poboación. De acordo coa lexislación italiana de 1993, Italia ten membros únicos de cada distrito do país, para 75% dos postos no parlamento. Os outros 25% dos postos parlamentares son distribuídos regularmente. A Cámara dos Deputados posúe oficialmente 630 membros (mais, de feito, son apenas 619 despois das eleccións italianas de 2001). O Senado é composto por 315 senadores, electos polo voto popular, ben como expresidentes e outras persoas (non máis que cinco), indicadas polo presidente da república, de acordo con provisións constitucionais especiais. Ambas as Cámaras de deputados e o Senado son electos para un mandato de no máximo cinco anos de duración, mais poden ser disolvidas antes ao termo do mandato. As leis poden ser creadas na Cámara de deputados ou no Senado, e para seren aprobadas, precisan da maioría en ambas as Cámaras.

O sistema xudicial italiano baséase nas leis romanas, modificadas polo Código Napoleónico e outros estatutos engadidos posteriormente. Hai tamén unha corte constitucional (Corte Costituzionale), unha innovación despois da segunda guerra mundial.

Dereitos humanos

[editar | editar a fonte]

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Italia firmou ou ratificou:

Italia Italia Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[17]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[18] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[19] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[20] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[21]
Pertenza Firmado e ratificado Firmado pero non ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Italia recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado pero non ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Italia recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado pero non ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Subdivisións

[editar | editar a fonte]
Mapa de Italia.
Artigo principal: Subdivisións de Italia.

Italia está dividida en rexións, provincias e cidades. As rexións son as maiores divisións, cada rexión posúe unha capital rexional. Por exemplo: Toscana é unha rexión e a súa capital é Florencia. Cada rexión está dividida tamén en pequenas provincias, cada unha delas tamén cunha capital.

Rexións de Italia: Italia está dividida en 20 rexións. Segue abaixo (do norte ó sur) as rexións e as súas respectivas capitais:

Italia División de Italia en rexións Italia
(Rexión: Capital)

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía de Italia.
Foto de satélite e mapa topográfico de Italia.

A maior parte de Italia está localizada na Península Itálica, no continente europeo, e onde dous enclaves independentes están localizados: a República de San Marino e mailo Vaticano. As illas de Sicilia e Sardeña tamén fan parte de Italia.

Italia limita ao norte con Suíza e con Austria, ó leste coa Eslovenia, co Mar Adriático (a través do cal contacta tamén coa Croacia, Serbia e Montenegro (antiga Iugoslavia), Albania, e co Mar Xónico, que a separa de Grecia. Italia limita a sur co mar Mediterráneo (incluíndo a Canle de Malta que separa a Sicilia de Malta), co Mar Tirreno e co Mar da Liguria (ambos separando o territorio peninsular das illas de Sicilia e Sardeña e da illa francesa da Córsega). Finalmente, Italia limita ao oeste coa Francia.

O terreo italiano é bastante accidentado, cos Apeninos formando o esqueleto central da península. O punto máis alto de Italia é o Mont Blanc, cos seus 4,810 metros, mais dous volcáns están máis asociados co país: o Monte Etna, en Sicilia, e o Monte Vesuvio, preto de Nápoles.

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Italia.

Italia ten unha economía industrial diversificada cunha renda total e per-capita máis ou menos igual ao da Francia ou do Reino Unido. Esta economía capitalista permanece dividida entre un norte industrialmente desenvolvido, dominado por empresas privadas, e un sur agrícola e menos desenvolvido, cunha taxa de desemprego do 20%. Por comparación cos veciños da Europa Occidental, ten un gran número de Pequenas e Medias Empresas PMEs. A maior parte das materias primas necesarias á industria e máis do 75% da enerxía son importadas.

Durante a última década, Italia seguiu unha política fiscal apertada a fin de cumprir os criterios da Unión Económica e Monetaria e beneficiouse de taxas de xuros e de inflación máis baixas, levando á adhesión ao Euro desde o inicio, en 1999.

O desenvolvemento económico de Italia ten vindo a atrasarse en relación aos seus socios da UE, e o actual goberno puxo en práctica numerosas reformas de curto prazo destinadas a aumentar a competitividade e o crecemento a longo prazo da economía. A pesar diso, ten andado devagar na implementación de reformas estruturais consideradas necesarias polos economistas neoliberais, como a diminución dos impostos, a flexibilización das leis que rexen o mercado de traballo e a reforma do sistema de pensións por causa do abrandamento económico en curso e da oposición dos sindicatos.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Italia é un país altamente urbanizado. As maiores cidades do país son Roma, Milán e Nápoles, cada unha con máis dun millón de habitantes. A densidade de poboación italiana é unha das máis altas de Europa, con 197 hab./km².

Italia posúe unha taxa moi baixa de crecemento de poboación anual, unha das máis baixas do continente, unha consecuencia de menos fillos por familia. A rexión de Trentino-Tirol do Sur (norte)[22] posúe a maior taxa de fertilidade, por outro lado as rexións do Sul ten unha taxa de fertilidade inferior que as rexións do norte.[23]

Cerca de 98 % da poboación italiana son descendentes de italianos. Minorías inclúen alemáns que viven na rexión de Trentino-Tirol do Sur, e eslovenos, que viven na rexión de Trieste, ben como descendentes de franceses, que viven na rexión de Val de Aosta.

Cidades máis poboadas

[editar | editar a fonte]
Listaxe Cidade Rexión Pob. Listaxe Cidade Rexión Listaxe

Roma

Milán

Nápoles

Turín
1 Roma Lacio 2.722.907 11 Venecia Véneto 270.055
2 Milán Lombardía 1.294.797 12 Verona Véneto 265.795
3 Nápoles Campania 963.522 13 Mesina Sicilia 243.315
4 Turín Piemonte 909.193 14 Padua Véneto 211.632
5 Palermo Sicilia 659.623 15 Trieste Friúl-Venecia Xulia 205.466
6 Xénova Liguria 611.556 16 Taranto Puglia 194.042
7 Boloña Emilia-Romaña 374.561 17 Brescia Lombardía 190.809
8 Florencia Toscana 365.744 18 Reggio Calabria Calabria 185.602
9 Bari Puglia 320.676 19 Prato Toscana 185.193
10 Catania Sicilia 296.816 20 Parma Emilia-Romaña 182.194
Censo 2007

Italia ten unha gran tradición deportiva. En diversos deportes, tanto individuais e en equipo, Italia ten unha boa representación e moitos éxitos. O deporte máis popular é o fútbol. Baloncesto e voleibol son tamén moito populares, cunha rica tradición en ambos. Italia gañou o Mundial de Fútbol Alemaña 2006, e actualmente é a segunda selección de fútbol de maior éxito do mundo, despois do Brasil, vencendo catro Copas do Mundo. Italia tamén ten forte tradición no ciclismo, tenis, atletismo, esgrima, deportes de inverno e rugby.

Festividades

[editar | editar a fonte]
Data Nome en galego Nome local Observacións
1 de xaneiro Ano novo Capodanno
6 de xaneiro Epifanía Epifania
Variable Pascua Pasqua
25 de abril Día da Liberación Festa della Liberazione Conmemora a liberación de Italia do réxime fascista de Mussolini e do réxime nazi de Hitler.
1 de maio Día do traballador Festa del Lavoro
2 de xuño Día da República Festa della Repubblica Conmemora a implantación da República
15 de agosto Asunción da Virxe Asunzione della B.V. Maria
1 de novembro Tódolos Santos Ognisanti
8 de decembro Inmaculada Concepción Immacolata Concezione
25 de decembro Nadal Natale
26 de decembro Santo Estevo Santo Stefano Primeiro mártir cristián

O italiano é unha lingua pertencente ao grupo das linguas romances orientais, da familia das linguas indoeuropeas. En Italia existe un gran número de dialectos, cada un dos cales, desde o punto de vista histórico, é mesmo unha lingua romance, representando unha evolución autónoma da variedade de latín falada en cada rexión. A multitude de dialectos italianos constitúe un grande, aínda que ás veces descoñecido e denigrado, patrimonio cultural.

O italiano moderno é un dialecto que conseguiu facer carreira, impóndose como lingua oficial dunha área moito máis ampla que a orixinaria. Neste caso foi o dialecto florentino, falado en Florencia, o que prevaleceu, non tanto por razóns políticas, como por prestixio cultural. O toscano, e o florentino ilustre en particular (enriquecido con préstamos do siciliano, do francés e do latín), foi a lingua na que escribiron Dante Alighieri, Francesco Petrarca e Giovanni Boccaccio, considerados tres dos mellores escritores italianos. Naturalmente, era tamén a lingua culta da cidade de Florencia, admirada pola súa prosperidade cultural ao longo dos séculos e pola súa espléndida arquitectura.

Son cooficiais co italiano, que é a lingua oficial do Estado, o alemán e o ladino na provincia Autónoma de Bolzano e o francés na rexión do Val de Aosta. Tamén son recoñecidas e protexidas polo Estado e as relativas rexións as minorías lingüísticas, entre as que cabe destacar o esloveno, o sardo, o friulano e o francoprovenzal. Na illa de Sardeña tamén se fala un dialecto do catalán na localidade de Alghero (en catalán Alguer).

A lingua de sinais italiana (en italiano Lingua dei Segni Italiana; LIS) é a lingua visual dos italiano xordos, cunha poboación de usuarios estimada entre 80 e 120.000 persoas. Italia non recoñece a lingua de sinais como lingua nacional dos xordos, nin como lingua minoritaria: só na rexión do Val de Aosta foi aprobada por unanimidade o recoñecemento da lingua de sinais en 2006.

Moitas linguas rexionais de Italia, veñen sendo consideradas erroneamente dialectos do italiano, sendo linguas por si propias. Particularmente nomearemos o piemontés, o lígur ou xenovés, o lombardo, o veneciano, o emiliano-romañolo, o napolitano e o siciliano.

  1. "DiPI Online - Dizionario di Pronuncia Italiana". Consultado o 25 de setembro de 2015. 
  2. Governo Italiano (ed.). "Constituzione della Repubblica Italiana" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2015. Articolo 1: «L'Italia è una Repubblica democratica, fondata sul lavoro. La sovranità appartiene al popolo, che la esercita nelle forme e nei limiti della Costituzione» 
  3. "National demographic balance, year 2013". ISTAT. Consultado o 18 de xuño de 2014. 
  4. "Italy - The World Factbook" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2015. 
  5. A. Fanfani (2005). Cattolicesimo e protestantesimo nella formazione del capitalismo (en italiano). Venecia: Marsilio. pp. 129–144. 
  6. L. Pellicani (2013). La genesi del capitalismo e le origini della modernità (en italiano). Soveria Mannelli: Rubbettino. 
  7. "Human development report 2014" (PDF) (en inglés). p. 172. Consultado o 5 de febreiro de 2015. 
  8. Italy: Justice System and National Policy Handbook (en inglés) 1. Washington D.C.: International Business Publications. 2009. p. 9. 
  9. Jackson Robert (2013). Global Politics in the XXI Century (en inglés). Cambridge University Press. p. 146. 
  10. Solomon Hussein (2014). Center for International Political Studies, ed. South African Foreign Policy. Middle Power Leadership and Preventive Diplomacy (en inglés). p. 89. 
  11. "Joint Statement on Libya by the Governments of France, Germany, Italy, the United Kingdom, and the United States" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2014. Consultado o 8 de novembro de 2014. 
  12. Massimo De Leonardis (2003). Il Mediterraneo nella politica estera italiana del 2° Dopoguerra (en italiano). Boloña: Il Mulino. p. 17. 
  13. Federiga Bindi (2011). Italy and the European Union, Brookings Institution Press (en inglés). Washington D.C. p. 171. 
  14. "Italy" (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  15. "Top 150 City Destinations: London Leads the Way". euromonitor.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2010. Consultado o 20 de outubro de 2009. 
  16. "Milan Upends New York as Top Fashion Capital". languagemonitor.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2009. Consultado o 20 de outubro de 2009. 
  17. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  18. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  19. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  20. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  21. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014. 
  22. [1]
  23. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 19 de febreiro de 2011.