Igrexa de Santiago de Vigo
Igrexa de Santiago de Vigo | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | igrexa ![]() | |||
Estilo | arquitectura neogótica ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Vigo ![]() | |||
Localización | Vigo ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A igrexa de Santiago de Vigo é unha igrexa decimonónica que se atopa na cidade de Vigo.
Historia
[editar | editar a fonte]Xa a finais do século XIX co crecemento da vila grazas ao pulo industrial e portuario, estúdase a construción dunha nova igrexa parroquial polos contratistas Cerviño e Senra. No verán de 1882 decídese a localización da nova sé, que cambiara varias veces, para ficar no daquel chamado Campo do Rei, hoxe na rúa García Barbón. Manuel Felipe Quintana encárgase do proxecto, redáctao en 1896, e despois de varias paradas por mor dos problemas económicos, remata en 1907. O proxecto inicial considerara dúas torres altas na fachada principal, que tivo que se recortar.
Descrición e estilo
[editar | editar a fonte]A igrexa feita en cantaría de perpiaño granítico ten un corte medieval historicista, conta con catro fachadas, coa principal de estilo neogótico, porén as súas formas non son esveltas e diáfanas, senón que ten aparencia pesada polas súas grandes superficies macizas. O templo, aínda que bastante embutido, forma un rueiro enteiro para aproveitar a luz e consta dunha planta rectangular de tres naves sen cruceiro, a nave central ten unha amplitude maior ca as laterais, das que se separa por arcos apuntados. Sobre o pórtico da entrada sitúase o coro. As naves laterais reciben a luz a través de vans de arcos apuntados, mentres que a nave central, a maior, recibe a luz a través de trilóbulos ou pequenos rosetóns de trazaría con tres lóbulos inscritos no seu interior que se sitúan elevados sobre a nave na fachada principal. As bóvedas son de cruzaría, con contrafortes laterais, rematados en pináculos neogóticos. A cabeceira está alumeada por tres fiestras oxivais de gran tamaño na ábsida, a cabeceira é poligonal e fica enmarcada nun rectángulo no que se achan as sancristías.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Santiago de Vigo ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Concello de Vigo
- Turismo.gal Xunta de Galicia.