Timon
Timon Rango fósil: Plioceno - actualidade (2 588 - 0 Ma)[1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Timon lepidus en O Páramo, Lugo | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||
Lacerta ocellata Daudin, 1802 | |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Timon é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos.[2][3]
A única especie presente en Galicia é o lagarto arnal (T. lepidus).[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1836 (como subxénero), polo médico, naturalista, diplomático, lingüista, e explorador suízo Johann Jakob von Tschudi, na páxina 551 do seu traballo "Über ein neues Subgenus von Lacerta Cuv." Isis von Oken 29 (7): 546-551.
Desde 2007 (Arnold et al.) aceptouse a súa separación do xénero Lacerta, nome co que figuraba desde a primeira descrición do século XIX.[5]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes seis especies:[2]
- Timon kurdistanicus (Suchow, 1936) — Propio do Curdistán.
- Timon lepidus (Daudin, 1802) — Distrubído pola Península Ibérica, sur de Francia e algunhas pequenas localidades do norte de Italia.
- Timon nevadensis (Buchholz, 1963) — Endémico de serra Nevada, España.
- Timon pater (Lataste, 1880) — Vive no norte de Marrocos, de Alxeria e de Tunisia.
- Timon princeps (Blanford, 1874) — Do suroeste de Irán, norte do Iraq, nordeste de Siria e o sueste de Turquía.
- Timon tangitanus (Boulenger, 1887) — Habita no noroeste Alxeria, en Marrocos e nas Prazas de soberanía españolas. Hais poucos anos desapareceu do Sáhara Occidental.[6]
Características
[editar | editar a fonte]As especies de Timon, como os membros de Lacerta, as súas especies irmáns, teñen a cabeza e tronco fortes e non aplanados. Porén, son de maior tamaño e alcanzan unha lonxitude de cabeza e tronco de 10 a 21 cm ou máis. Os machos son máis grandes que as femias. A premaxila (a porción do maxilar superior procedente do proceso frontonasal) adoita ter nove dentes. O hemipene ten pequenas espiñas en forma de gancho.
A coloración básica das partes superiores é verde, gris ou marrón, con machas escuras, e a das inferiores vai do verde ao amarelo verdoso ou abrancazado, sen manchas escuras. Na rexión do ombro e os flancos a miúdo mostran manchas azuis (ocelos), ás veces dispostos en varias fileiras. A cor da garganta pode diferir da do abdome e, segundo a especie, pode ser amarela, alaranxada, vermella ou azul claro. Os animais xoves non teñen colas de cores brillantes.
Bioloxia
[editar | editar a fonte]As especies de Timon prefiren biótopos con vexetación mesta e, como as de Lacerta, aliméntan se principalmente de insectos e outros pequenos invertebrados, que poden ser máis grandes que as presas que apañan as especies de Lacerta, pero ás veces tamén comen froitos, ovos de aves, crías, lagartas e incluso ratos. Son ovíparos. Durante o apareamento, o macho morde un costado da femia. Unha niñada contén de 5 a 22 ovos. As crías teñen cabezas grandes e extremidades curtas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Timon nevadensis macho e femia (arriba) capturados no Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar.
-
Timon princeps en Turquía.
-
Timon tangitanus no zoo de Praga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Timon na EOL.
- ↑ 2,0 2,1 Timon en The Reptile Database. Consultada o 23 de novembro de 2019.
- ↑ "Genus: Timon". Uniprot: Taxonomy. UniProt Consortium. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 293.
- ↑ Arnold, Arribas & Carranza 2007.
- ↑ Geniez, P.; Mateo, J. A.; Geniez, M. & Pether, J. (2004): The amphibians and reptiles of the Western Sahara (former Spanish Sahara) and adjacent regions. Frankfurt: Editions Chimaira. ISBN 978-3-9306-1267-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Timon |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Timon |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arnold, E. N.; Arribas, O. & Carranza, S. (2007): "Systematics of the Palaearctic and Oriental lizard tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with descriptions of eight new genera". Zootaxa 1430: 1–86.
- Galán Regalado, Pedro e Fernándes Arias, Gustavo (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-722-6.
- Tschudi, J. J. (1836): "Über ein neues Subgenus von Lacerta Cuv." Isis von Oken 29 (7): 546-551. (Timon, novo subxénero, p. 551). (en alemán), (en latín).