Saltar ao contido

Unión do Pobo Galego-liña proletaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión do Pobo Galego-liña proletaria (UPG-lp)
Partido político desaparecido de Galiza
Historia
Fundación1977
Disolución1978
Posicións políticas
IdeoloxíaMarxismo-leninismo
Independentismo galego
Posición políticaEsquerda
Representación
Representación-
PublicaciónTerra e Tempo

A Unión do Pobo Galego-liña proletaria (UPG-lp) foi un partido galego independentista e comunista que apoiaba a loita armada. Editaba o voceiro Terra e Tempo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Froito dunha escisión da Unión do Povo Galego ocorrida en 1977 cando Xosé Luís Méndez Ferrín, que acusaba á UPG de dereitización, progresivo acatamento das institucións españolas e interclasismo foi expulsado da organización por discrepancias na política sindical, oposición á legalización da ING, sobre a participación nas eleccións e tamén polo seu apoio á loita armada[1]. Nas eleccións xerais de 1977 pediu a abstención.

Foi rebautizado en marzo de 1978 co nome de Partido Galego do Proletariado[2].

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. * Cilia Torna. «A prehistoria da UPG (LP) e do PGP Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.». Sermos Galiza.
  2. "Galicia Ceibe". Enciclopedia Galega Universal.