Mocidade Socialista Galega
Mocidade Socialista Galega | |
Organización política | Mocidade Socialista Galega |
Ano fundación | 2009 |
Ideoloxía | Nacionalismo galego, Esquerda, Socialismo democrático, Socialdemocracia, Europeísmo, Republicanismo, Altermundismo, Pacifismo, Feminismo |
Ámbito | Galiza |
Secretario xeral | Paulo Carlos López |
Resp. Organización | Ínhigo Ansotegui |
Coordinador | Estevo Sánchez Gálvez |
Textos | Textos a debate[1] |
Web da organización | https://web.archive.org/web/20141218015906/http://msgalega.org/ http://www.maismocidade.zzl.org/ |
Imaxe: |
A Mocidade Socialista Galega, constituída o 25 de abril de 2009[2][3] na cidade de Santiago de Compostela como as mocidades do Espazo Socialista Galego, é unha organización xuvenil integrada no seo de Galiza Nova (Bloque Nacionalista Galego). Máis BNG adóptao, trala súa asemblea constituínte do 21 de novembro, como o seu referente no ámbito de mocidade.
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]A MSG é unha organización política da mocidade nacionalista e de esquerdas, cun carácter socialista, republicano e democrático. Os seus principios ideolóxicos básicos son o nacionalismo galego, a socialdemocracia, a autodeterminación cara a consecución dun Estado propio, o republicanismo e a democracia participativa, o europeísmo (a Europa dos pobos), a defensa da lingua galega, ecoloxismo, laicismo e feminismo, entre outros.
Organización
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2010 conta con 220 militantes, sendo o seu máximo órgano decisorio o Consello Nacional.[4] Paulo Carlos López é o seu secretario xeral. Ten forte presenza no ámbito universitario, participando moitos dos seus afiliados no sindicalismo estudantil, ben sexa nos Comités ou en asembleas abertas de estudantes.
Galiza Nova
[editar | editar a fonte]A Mocidade Socialista Galega participa de Galiza Nova, xuventudes do BNG. Na XI Asemblea Nacional, celebrada o 24 e 25 de outubro de 2009 en Santiago de Compostela, auspiciou a Plataforma Entre tod@s, Galiza Nova [5][6], encabezada por Ínhigo Ansotegui e acadando o 20% dos votos e cinco membros na Dirección Nacional (Ínhigo Ansotegui, Rocio Sampaio, Paulo Carlos López, Angel Tallón e Balbina Gándara) e dous na Comisión Permanente [7]. A súa proposta política é a de acadar unha Galiza Nova máis combativa, plural e operativa, baixo a premisa de apertura do nacionalismo galego á sociedade.
Actividades
[editar | editar a fonte]Dende a súa constitución formal edita a revista Alborada [8]. No seu primeiro número para o Día da Patria Galega 2009 contou cos destacadas colaboracións, como a cabeza de lista do BNG ás eleccións europeas, Ana Miranda; o doutor en xornalismo especializado Luis Álvarez Pousa e a deputada do BNG Teresa Táboas, entre outros.
A finais do 2009 desenvolveu unha campaña na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade da Coruña [9] sobre a participación sociopolítica da mocidade galega [10][11][12] a partir dun estudo realizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia no ano 2007. Tamén realizou outras actividades, como a edición de axendas de formación, e campañas sobre vivenda, emprego ou identitarias, sacando á rúa un DNI galego [13].
Referentes internacionais
[editar | editar a fonte]Entre os seus referentes estatais e internacionais están as Joventuts d'Esquerra Republicana de Catalunya, organización ligada a ERC, Gazte Abertzaleak, xuventudes de Eusko Alkartasuna (EA), os Joves da Esquerra Nacionalista (Partit Socialista de Mallorca), a SNP-Youth (Scottish National Party), ademais da propia Alianza Libre Europea de Mozos (EFAY).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Textos a debate na Asemblea Nacional Constituínte[Ligazón morta]
- ↑ A MSG nace coa idea de refrescar o discurso de Galiza Nova
- ↑ "no acto de clausura o 25 de abril". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2009. Consultado o 06 de febreiro de 2010.
- ↑ A MSG asigna os seus postos de dirección[Ligazón morta]
- ↑ "web da Plataforma Entre Tod@s, Galiza Nova". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2010. Consultado o 06 de febreiro de 2010.
- ↑ "política da Plataforma Entre Tod@s, Galiza Nova". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 06 de febreiro de 2010.
- ↑ "da Plataforma da XI Asemblea Nacional de Galiza Nova". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 06 de febreiro de 2010.
- ↑ Número 1 da revista Alborada[Ligazón morta]
- ↑ Cartel do grupo da UdC[Ligazón morta]
- ↑ "Aymerich, Teresa Táboas, Paulo Carlos López e Xoán Bascuas con estudantes da USC". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 06 de febreiro de 2010.
- ↑ "Aymerich e Xosé Manuel Beiras, na Facultade de Informática da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 06 de febreiro de 2010.
- ↑ "mozos e mozas no acto da Mocidade Socialista Galega na Coruña". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 06 de febreiro de 2010.
- ↑ DNI galego