Briga (organización xuvenil)
BRIGA | |
---|---|
Organización xuvenil da Galiza | |
Historia | |
Fundación | 2004 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Independentismo galego Comunismo Marxismo-leninismo Ecoloxismo Reintegracionismo Feminismo de clase Internacionalismo[1] |
Outros datos | |
Sede | Santiago de Compostela |
Publicación | Xerfas Ediçons |
Na rede | |
http://briga-galiza.info/ | |
Briga é unha organización política independentista galega formada por mozos en 2004 como escisión da Assembleia da Mocidade Independentista.[2] É a xuventude do partido político Nós-Unidade Popular e defínese como unha organización socialista, antipatriarcal, ecoloxista, antiautoritaria, antiimperialista e internacionalista. Tamén defende o monolingüismo social e o reintegracionismo lingüístico en Galiza.[3] Briga ten como referencia a AGIR no sindicalismo estudantil.
Historia
[editar | editar a fonte]Briga creouse en 2004 tras unha escisión na Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) entre os partidarios de seguir sendo unha organización xuvenil independente e os partidarios de converterse na xuventude de Nós-Unidade Popular, que finalmente abandonou a AMI.
En maio de 2005, tres militantes da Briga foron detidos por tentar retirar na Coruña unha estatua do comandante militar fascista José Millán-Astray.[4] Nese mesmo ano a organización foi case prohibida ao ser acusada de apoiar a violencia. Cinco militantes da Briga foron detidos pola policía española e acusados de asociación ilícita. Posteriormente foron absoltos e a organización quedou totalmente legalizada. Máis tarde no mesmo ano, a policía detivo de novo a tres militantes da Briga acusados de golpear a un policía durante unha manifestación.[5]
Durante os anos seguintes, Briga fixo numerosas campañas por motivos como denunciar a especulación, defender a lingua galega ou protestar polos baixos salarios da mocidade. Unha das máis importantes foi a campaña de 2008 para pintar un mural político cada un dos 366 días dese ano, obxectivo que finalmente se acadou.[6] En 2009 durante unha manifestación da Briga en Santiago de Compostela, a policía cargou contra os manifestantes, o que deixou feridos a varios militantes da Briga e provocou disturbios na cidade vella da cidade.[7] En 2010 e 2011 a policía volveu disolver as tradicionais manifestacións da Briga o 24 de xullo (o día anterior ao Día Nacional de Galicia) en Santiago de Compostela.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
- ↑ herrikolore.org (ed.). "Briga: 10 años de lucha juvenil por la independencia, el socialismo y el feminismo en Galiza | HerriKolore". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2015. Consultado o 2 de outubro de 2014.
- ↑ "Quem somos?". briga-galiza.info. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 2 de outubro de 2014.
- ↑ "Detidos três militantes de BRIGA quando derrubavam a estátua de Millán Astray na Corunha".
- ↑ "Vieiros: Galiza Hoxe - Piden cinco anos de cadea para tres persoas por bater na policía un 1º de maio".
- ↑ "- YouTube". YouTube.
- ↑ "KAOSENLARED.NET -- Galiza: Mobilizaçom da Jornada de Rebeliom Juvenil ´09 e carga policial". Arquivado dende o orixinal o 7 de outubro de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2014.
- ↑ "Dia da Pátria 2010: Manifestaçom de BRIGA e Rondalha da Mocidade Independentista da AMI - YouTube". YouTube.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web da Briga Arquivado 04 de outubro de 2014 en Wayback Machine.