Abrente-Esquerda Democrática Galega
Aparencia
Abrente-Esquerda Democrática Galega | |
---|---|
Partido político de Galiza | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Carlos Aymerich |
Filiación internacional | |
Historia | |
Fundación | 2012 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo galego socialdemocracia Progresismo |
Outros datos | |
Na rede | |
www.abrente-edg.org | |
Abrente-Esquerda Democrática Galega, ou Abrente-EDG, é unha corrente de ideoloxía socialdemócrata[1] nacida en 2012 e integrada no seo do Bloque Nacionalista Galego.
Historia e características[editar | editar a fonte]
O seu secretario-executivo e cara máis coñecida é Carlos Aymerich e maioría dos seus membros proveñen de antigas correntes do BNG coma o Colectivo Socialista, Inzar ou Unidade Galega. Orixinalmente, tamén contou co apoio dos alcaldes de Bueu, Tomiño e Rianxo[2]. Tamén conta co apoio de Ana Luísa Bouza, Camilo Nogueira e Suso Veiga.
Ideoloxicamente é o sector máis moderado do BNG, tanto na vertente social coma na nacional. Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 Abrente apoiou unha candidatura conxunta con Anova-Irmandade Nacionalista e Compromiso por Galicia[3].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Abrente ou Nós-UP, o dilema da UPG
- ↑ Piñeiro, Xesús Manuel. "Abrente constitúese como corrente no BNG para achegar “outro xeito de entender o nacionalismo”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.]
- ↑ Abrente aplaude o diálogo de Vence con CxG e Anova.