Saltar ao contido

Zinedine Zidane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Zidane»)
Modelo:BiografíaZinedine Zidane

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Zinedine Yazid Zidane Editar o valor en Wikidata
23 de xuño de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
16th arrondissement of Marseille, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Embaixador de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesZizou Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Limoges (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso79 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUNICEF Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia
Alxeria Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista e mediocampista ofensivo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
1986–1989 Association Sportive de Cannes Football
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1989–1992 Association Sportive de Cannes Football 61(6)
1992–1996 FC Girondins de Bordeaux (centrocampista)139(28)
1995–1995 France B national football team
1996–2001 Juventus FC (centrocampista)151(24)
2001–2006   Real Madrid CF (centrocampista)155(37)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1988–1989   Francia sub-17 4(1)
1989–1990   Francia sub-18 6(0)
1990–1994   Francia sub-21 20(3)
1994–2006   Francia (centrocampista)108(31)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2014–2016   Real Madrid Castilla
2016–2018   Real Madrid CF
2019–2021   Real Madrid CF Editar o valor en Wikidata
Participou en
26 de xullo de 2024Cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de 2024
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002
2000Eurocopa de 2000
1998Mundial de Fútbol Francia 1998
xuño de 1996Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEnzo Zidane, Luca Zidane, Théo Zidane, Elyaz Zidane Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
9 de xullo de 2006Zidane headbutt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLentapedia
Enciclopedia Larousse en liña Editar o valor en Wikidata
Sitio webzidane.fr Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1127992 Allocine: 38195 Allmovie: p434037
Instagram: zidane BNE: XX1553063 Dialnet: 2611954 Musicbrainz: 12aa6a19-e80c-47f4-a523-4c13a8d2ed23 Discogs: 1375020 FIFA: 163331 UEFA: 3996 Editar o valor en Wikidata

Zinedine Yazid Zidane, nado o 23 de xuño de 1972 en Marsella, é un exfutbolista francés e actual adestrador de fútbol, de familia orixinaria da Cabilia alxeriana. É considerado por algúns medios o máximo expoñente do fútbol mundial de mediados dos anos 90 e principios do 2000 así como un dos mellores xogadores de fútbol de tódolos tempos. Está incluído na lista dos 125 máis grandes xogadores vivos realizada por Pelé, en asociación coa FIFA. Dita organización distinguiuno como Mellor xogador Mundial en 1998, 2000, 2003. En 2004 foi elixido nunha enquisa por Internet promovida pola UEFA como O Mellor futbolista europeo dos últimos 50 anos.[1]

Desenvolvíase na posición de mediapunta. Zidane era un mediocampista de gran técnica, preciosista, cunha gran visión de xogo e con toques xeniais.[2] Pese á súa calidade pasaba por longos períodos de irregularidade, non obstante terminaba as tempadas como un dos máis destacados do equipo.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debutou con 17 anos na Ligue 1 francesa co AS Cannes nun partido contra o Nantes. En 1992 ficha polo Girondins de Bordeos, no que pasa catro anos. En 1996, ficha pola Juventus, equipo no que gaña varios trofeos de Liga, Copa, Supercopa de Italia e a Copa Intercontinental.

Logo da súa destacada actuación na Eurocopa de 2000, Florentino Pérez interésase polo xogador e o 10 de xullo de 2001 foi presentado polo Real Madrid. Cifrouse a operación en 73,5 millóns de euros, sendo a fichaxe máis cara da historia daquel tempo.[4] En 2002 marcou o gol que daba a Liga de Campións ao seu equipo contra o Bayer Leverkusen (2-1). Co club branco tamén gañou a Supercopa de Europa de 2002, a liga 2002/03 e a Supercopa de España de 2003.

O 7 de maio de 2006 xogou o seu penúltimo partido na liga, e último no Estadio Santiago Bernabéu, partido no que marcou un dos tres goles do seu equipo contra o Villarreal CF (3-3) e foi ovacionado pola afección. O seu último partido foi contra o Sevilla FC no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán, no que tamén marcou un gol, aínda que o equipo perdeu (4-3).

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección de fútbol de Francia o 17 de agosto de 1994 nun encontro celebrado en Bordeos ante a República Checa. Entrou en substitución do mediocampista Corentin Martins no minuto 63 e marcou os dous goles cos que os galos empataron o partido.

A súa grande actuación na Copa Mundial de Fútbol de 1998, que culmina na final fronte a Brasil (na que marcou 2 dos 3 goles de Francia), valeulle o título mundial e axudoulle a conseguir o Balón de Ouro como mellor futbolista do ano. Tamén foi campión na Eurocopa de 2000. Para a Copa do Mundo de 2002 sufriu unha lesión e tivo pouca participación, sendo Francia eliminada en primeira fase. En 2004 Zidane anunciou o seu retiro da selección pero logo dos malos resultados na clasificatoria para o Mundial de 2006 foi necesario o seu retorno. Francia tivo unha regular primeira fase, mais nos oitavos de final recuperou o seu nivel de inicios da década, eliminando a España, a vixente campioa Brasil e Portugal, perdendo na final contra Italia.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Serie A Juventus Italia 1997
Serie A Juventus Italia 1998
Liga española Real Madrid España 2003
Supercopa de España Real Madrid España 2003

Copas internacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Copa Intertoto da UEFA Girondins de Bordeos Francia e Alemaña 1995
Copa Intercontinental Juventus Xapón 1996
Supercopa de Europa Juventus Mónaco 1996
Copa Mundial de Fútbol Francia Francia 1998
Copa Intertoto da UEFA Juventus Italia 1999
Eurocopa Francia Bélxica e Países Baixos 2000
Liga de Campións da UEFA Real Madrid Escocia 2002
Supercopa de Europa Real Madrid Mónaco 2002
Copa Intercontinental Real Madrid Xapón 2002

(*) Incluíndo a Selección

Distincións individuais

[editar | editar a fonte]
Distinción Ano
FIFA World Player - Mellor xogador do ano 1998, 2000, 2003
FIFA World Player - Segundo mellor xogador do ano 2006
FIFA World Player - Terceiro mellor xogador do ano 1997, 2002
Balón de Ouro 1998
Balón de Prata 2000
Balón de Bronce 1997
Mellor xogador da Copa Mundial 2006
Once de Ouro 1998, 2000, 2001
Once de Prata 1997, 2002, 2003
Once de Bronce 1999
Mellor xogador da Liga de Campións da UEFA(MVP) 2001-02
Premio Gredos do Deporte 2003
Mellor xogador europeo dos últimos 50 anos (Votación por Internet) 2004
FIFA 100 - Un dos mellores xogadores vivos da historia 2004
Marca Leyenda[5] 2008
Incluído no once ideal da década polo diario inglés The Sun[6] 2009
  1. "Players - Zinedine Yazid Zidane - Francia". Footballdatabase. Consultado o 18-03-2008. 
  2. "Zidane, elixido mellor xogador do Mundial". Diario El Mundo. elmundo.es. Consultado o 20-09-2009. 
  3. "Zidane, en busca dun sono: a Liga de Campións". Terra/Agencias. Terra Deportes. Arquivado dende o orixinal o 28-06-2012. Consultado o 20-09-2009. 
  4. "Os 25 pases máis caros da historia do fútbol". Terra. mx.terra.com. Arquivado dende o orixinal o 10-08-2011. Consultado o 06-09-2009. 
  5. MARCA Leyenda, Diario Marca
  6. AS.COM - The Sun tamén se apunta ao 'Clásico' no seu Once da Década

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]