Zona especial de conservación de Carballido
Tipo | Zona de especial conservación ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | A Fonsagrada, España, A Pontenova, España e Ribeira de Piquín, España ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 4.827,93 ha ![]() | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 ![]() | |||
O Carballido é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe dúas fragas separadas nas cuncas altas do río Eo e que son fragas antigas e de barranco. Esta área de conservación ocupa 4.828 ha. dos concellos da Pontenova, Ribeira de Piquín e A Fonsagrada. A área ao norte compóñena as fragas das Reigadas e do Sanxés. A área do sur está no río Rodil, un afluente importante do río Eo, e rodea ao ZEC río Eo.[1][2][3][4][5]
Fauna e flora
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]Nos barrancos dos ríos Rodil e os regatos que chegan a este abundan as carballeiras de Quercus robur, con algunhas pezas do carballo Quercus pyrenaica e de castiñeiros (Castanea sativa). Nos terreos altos dominan os prados e pastos e os bidueiros de Betula celtiberica. Entre a demais flora destaca a presenza de Narcissus asturiensis e Vandenboschia speciosa.[4][5]
Fauna
[editar | editar a fonte]O lobo, Canis lupus, ten unha presenza relevante.[4][5]
En canto aos endemismos, alí habitan varios quirópteros, a Chioglossa lusitanica, as lagartass Lacerta schreiberii e Iberolacerta monticola e os mamíferos acuáticos das londras (Lutra lutra)) e as toupas de río (Galemys pyrenaicus).[4]
As especies da fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4][5]
Grupo | Especie |
---|---|
Invertebrados | Cerambyx cerdo |
Invertebrados | Euphydryas aurinia |
Invertebrados | Geomalacus maculosus |
Invertebrados | Gomphus graslinii |
Invertebrados | Lucanus cervus |
Invertebrados | Macromia splendens |
Invertebrados | Oxygastra curtisii |
Peixes | Chondrostoma polylepis |
Peixes | Rutilus arcasii |
Anfibios | Chioglossa lusitanica |
Anfibios | Discoglossus galganoi |
Réptiles | Lacerta schreiberi |
Mamíferos | Barbastella barbastellus |
Mamíferos | Galemys pyrenaicus |
Mamíferos | Lutra lutra |
Mamíferos | Myotis emarginatus |
Mamíferos | Myotis myotis |
Mamíferos | Rhinolophus ferrumequinum |
Mamíferos | Rhinolophus hipposideros |
Lexislación
[editar | editar a fonte]O Carballido foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural forma parte da Reserva da Biosfera Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Rego do Pontigón, afluente do río Rodil, na Veiga de Logares.
-
O Monte da Ouviñana e a Serra do Corno do Cervo, entre os cales decorre o río Rodil nos Vaos.
-
O río Rodil ao seu paso polos Vaos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120006 - Carballido". Consultado o 24/8/2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "Natura 2000 Standard data form: Carballido". Consultado o 24/8/2019.