Saltar ao contido

Gerhard Herzberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGerhard Herzberg

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Hamburgo, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte3 de marzo de 1999 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Otava, Canadá Editar o valor em Wikidata
Chancellor of Carleton University (en) Traducir Universidade de Carleton
1973 – 1980
← Lester Bowles PearsonRobert Gordon Robertson (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDarmstadt (–século XX) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCanadá
Alemaña
Alemaña nazi Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga
Universidade Técnica de Darmstadt (pt) Traducir
Gelehrtenschule des Johanneums (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseHans Rau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisicoquímica, física, química, atomic spectroscopy (en) Traducir e molecular spectroscopy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónomo , químico , físico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Técnica de Darmstadt (pt) Traducir
Universidade de Gotinga
Centro Nacional de Investigación do Canadá
Universidade de Saskatchewan (pt) Traducir
Universidade de Bristol (pt) Traducir
Universidade Cornell
Universidade de Chicago
Observatório Yerkes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLuise Hedwig Herzberg

WikiTree: Herzberg-159

Gerhard Herzberg, nado en Hamburgo (Alemaña) o 25 de decembro de 1904 e finado en Otava (Canadá) o 3 de marzo de 1999, foi un físico, químico e profesor universitario canadense, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1971.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou física e química no Instituto Tecnolóxico de Darmstadt, onde se licenciou en 1928 en fisicoquímica. En 1930 realizou o seu doutoramento na Universidade de Göttingen, baixo a supervisión de James Franck e Max Born, e na Universidade de Bristol, baixo a supervisión de John Lennard-Jones.

En 1930 foi nomeado profesor asistente de física no Instituto Tecnolóxico de Darmstadt, cargo que tivo que abandonar en 1935 ante as presións do réxime nazi alemán. Aquel mesmo ano aceptou o cargo de profesor visitante na Universidade de Saskatchewan no Canadá, país onde estableceu a súa residencia. Entre 1945 e 1948 foi profesor na Universidade de Chicago.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Interesado na investigación da espectroscopia molecular, durante a súa estancia no Canadá determinou a estrutura molecular das moléculas diatómicas e poliatómicas, incluíndo hidróxeno triatómico, H3, o hidróxeno molecular protonado, H3+ , e os radicais libres. Tamén realizou estudos sobre a análise química de obxectos astronómicos como as nubes moleculares.[1]

En 1971 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a estrutura electrónica e a xeometría das moléculas, en especial dos radicais libres.[2] Ese mesmo ano tamén recibiu a Medalla Royal da Royal Society de Londres.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Placa conmemorativa no College Building (Saskatchewan).

Na súa honra bautizouse ao asteroide (3316) Herzberg descuberto o 6 de febreiro de 1984 polo astrónomo Edward Bowell.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Stoicheff, B. P. (2003). "Gerhard Herzberg PC CC. 25 December 1904 - 3 March 1999". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 49: 179. [doi:10.1098/rsbm.2003.0011. http://rsbm.royalsocietypublishing.org/content/49/179]
  2. "The Nobel Prize in Chemistry 1971". Nobel Media. Consultado o 2010-12-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Luis Federico Leloir
Premio Nobel de Química

1971
Sucesor:
Christian B. Anfinsen,
Stanford Moore
e
William Howard Stein