Robert Huber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRobert Huber

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1937 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Múnic (Alemaña) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Múnic Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Múnic Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbioquímico , químico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Técnica de Múnic
Universidade de Cardiff
Universidade Duisburg-Essen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJohann Deisenhofer, Saulius Gražulis (en) Traducir e Nediljko Budisa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Robert Huber, nado o 20 de febreiro de 1937 en Múnic (Alemaña) é un químico, bioquímico e profesor universitario alemán e gañador do Premio Nobel de Química de 1988.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Múnic onde o seu pai, Sebastian, foi un caixeiro de banco. Foi educado no Humanistische Karls-Gymnasium desde 1947 ata 1956 e logo estudou química na Universidade Técnica de Múnic, recibindo a súa licenciatura en 1960. Posteriormente ampliou os seus estudos realizando o doutoramento en bioquímica no mesmo centro en 1972. Aquel mesmo ano foi nomeado director da Sección Bioquímica do Instituto Max Planck da cidade de Martinsried, onde o seu equipo desenvolveu métodos para a cristalografía de proteínas. Entre 1976 e 1987 foi profesor de bioquímica na Universidade Técnica de Múnic.

Está casado e ten catro fillos.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

En 1988 recibiu o Premio Nobel xunto con Johann Deisenhofer e Hartmut Michel. O trío foi recoñecido por cristalizar, por vez primeira, unha proteína importante para a fotosíntese das cianobacterias e por determinar a estrutura de devandita proteína mediante cristalografía de raios X. Este descubrimento foi moi importante para entender o proceso da fotosíntese, a cal é capaz de converter a enerxía luminosa en enerxía química.

Mediante o uso de métodos cristalográficos a través de raios X determinaron a posición exacta dos máis de 10.000 átomos que compón o complexo desta proteína, conseguindo crear así a súa imaxe tridimensional. A súa investigación aumentou a comprensión xeral dos mecanismos da fotosíntese e revelou parecidos entre os procesos fotosintéticos das plantas e as bacterias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Charles J. Pedersen,
Jean-Marie Lehn e Donald James Cram
Premio Nobel de Química

1988
con
Johann Deisenhofer e Hartmut Michel
Sucesor:
Sidney Altman
e
Thomas Cech