AC-214
AC-214 | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Complementaria |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 9,28 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | N-6 Guísamo |
Fin | N-550 Sigrás |
A AC-214[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Guísamo (Bergondo) e Sigrás (Cambre); atravesa os concellos de Bergondo e Cambre. Ten unha lonxitude de 9,28 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-6 en Guísamo (Bergondo) e finaliza nun cruzamento coa N-550 en Sigrás (Cambre).
Percorrido
[editar | editar a fonte]Nace na estrada N-6 arredor do km 579,5 no lugar de Sobre a Igrexa en Guísamo (Bergondo), para dirixirse cara a Baldomir. A continuación entra no concello de Cambre polo lugar de Aldea de Arriba en Cecebre, atravesando os lugares da Mota, Fraís e O Volteiro nesta mesma parroquia. Entra en Pravio no lugar de Catro Camiños, nunha intersección coa estrada secundaria AC-221 e tras pasar baixo a AP-9 atravesa os lugares de San Bartolomeu (onde se atopa a igrexa parroquial de San Xoán de Pravio) e Os Fabás. A continuación entra na parroquia de Cambre ao longo da rúa Castellana e atravesando o núcleo da vila. Neste punto parten varias estradas como a DP-1704 (cara a Carral), a DP-1702 (dirección Pontido, Sigrás) e a DP-1706 (cara ao Temple). A vía segue pola rúa Amil en dirección á Telva en Sigrás, pasando baixo a vía férrea (liña León–A Coruña) e sobre o río Mero, tras o cal crúzase coa estrada secundaria AC-213. Nesta última parroquia continúa polo lugar da Xira ata a Pena, onde remata na estrada N-550 arredor do km 9,5.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.