PO-201
PO-201 | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Secundaria |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 7,84 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | EP-7201 Silleda |
Fin | PO-534 Laro |
A PO-201[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Silleda e Laro; ambas no concello de Silleda. Ten unha lonxitude de 7,84 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa EP-7201 en Silleda e finaliza nun cruzamento coa PO-534 en Laro (Silleda).
Percorrido e características
[editar | editar a fonte]O sinuoso trazado inicial foi modificado arredor do ano 2007, eliminándose gran parte das súas curvas e aumentando a anchura do vial. A estrada arranca na EP-7201, no cruzamento situado entre o parque municipal das Pedrosas e o cemiterio de Silleda. Cruza o río da Gouxa e intérnanse na parroquia de Siador atravesando o lugar do Marco. Xa na parroquia de Cortegada, discorre a carón do Burgo e destaca a longa recta dos Chaos. Atravesa despois Oleiros e dous lugares desta parroquia: O Carballo e Pazos. Continua logo ata enlazar nunha rotonda coa PO-534, coñecida como a estrada do Candán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.