LU-133
Aparencia
LU-133 | |
---|---|
Val de Cabarcos, formado polo río Pusigo e os seus afluentes coa vista á estrada LU-133 | |
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Secundaria |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 21,24 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | N-634 Vilamar |
Fin | N-642 Reme |
A LU-133[1][2] (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Vilamar (Barreiros) e Reme (Ribadeo); atravesa os concellos de Barreiros e Ribadeo. Ten unha lonxitude de 21,24 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-634 en Vilamar (Barreiros) e finaliza nun cruzamento coa N-642 en Reme (Ribadeo).
Percorrido
[editar | editar a fonte]O seu punto máis alto está na rotonda de cruzamento coa LU-P-6103 (Trabada-Barreiros), onde abandona o val de Cabarcos para meterse na cunca do río Grande (naquela zona, aínda rego de Lexoso). O paso entre Barreiros e Ribadeo é pola chamada ponte de Remourelle (Arante).
A outra derivación importante da estrada está en Covelas, a LU-P-5207, estrada que a conecta con Ribadeo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.