Vía de Altas Prestacións da Costa Norte
CG-1.3 e CG-2.3 Vía de Altas Prestacións da Costa Norte | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Vía de altas prestacións |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 15,55 (en servizo) km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | LU-862 San Cibrao |
Fin | AG-64 San Sadurniño |
Circulación | |
Tránsito | Rodado, non peonil |
Velocidade máxima | |
Restricións viarias | |
Concellos que atravesa
|
A CG-1.3 e CG-2.3 ou Vía de Altas Prestacións da Costa Norte[1][2] (na provincia de Lugo, parte do CG-2.3 e na provincia da Coruña, parte do CG-1.3), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de San Cibrao (Cervo) e San Sadurniño; atravesa os concellos de Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Cerdido, Moeche e San Sadurniño. Ten unha lonxitude total e provisional de 80,8 quilómetros (15,55 kms en servizo actualmente, 7,87 kms corresponde á provincia de Lugo e 7,68 kms corresponde á provincia da Coruña; 36,1 kms en proxecto; 29,1 kms en estudo informativo) e iníciase nun cruzamento coa LU-862 en San Cibrao (Cervo) e finaliza nun cruzamento coa AG-64 en San Sadurniño.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Inicia na rotonda da estrada LU-862 no lugar de Beltrán (concello de Xove), seguindo á ligazón de Xove coa estrada LU-862, coas direccións, un ao oeste ao lugar dos Parceiros (mesmo concello) e ao leste a Xove e remata de forma provisional na rotonda da estrada LU-862 no lugar de Auga Doce (concello de Viveiro). Este percorrido corresponde á provincia de Lugo e son os primeiros quilómetros do corredor CG-2.3.
Na parte da provincia da Coruña, corresponde á variante de Ortigueira, inicia na rotonda da estrada AC-862 no lugar de Forno (concello de Ortigueira), pasado sobre o río no viaduto do Baleo, seguindo á ligazón de Ortigueira á estrada AC-862 con direccións, un ao oeste a Ortigueira e outro ao leste ao lugar da Brea (mesmo concello) e remata de forma provisional na rotonda da estrada AC-101 no lugar de Ferreiroas (mesmo concello). Este percorrido corresponde ao corredor CG-1.3.
Os treitos entre Viveiro e Ortigueira atópase en proxecto e estudo informativo e entre Ortigueira e San Sadurniño, atópase en proxecto.
Historia
[editar | editar a fonte]Expúxose como unha compensación ao trazado que finalmente se lle deu á autovía A-8, que nun principio debía chegar ata Ferrol bordeando a costa norte e cuxo proxecto definitivo desviouse cara ao interior para enlazar coa A-6 en Baamonde, preto de Vilalba, deixando ás comarcas da Mariña Occidental e Ortegal cunhas vías de comunicación claramente deficientes, con trazado moi antigo e que atravesa numerosos núcleos urbanos. Desta maneira necesítanse máis de 2 horas para percorrer os 117 quilómetros que existen entre Ferrol e San Cibrao (Cervo), a unha velocidade media inferior ao 60 km/h. Neste traxecto unicamente contan con trazado moderno a saída de Ferrol cara a San Sadurniño (12 quilómetros pola autovía AG-64) e as variantes de Ortigueira e Xove, de 8,4 e 7,9 quilómetros respectivamente.
O proxecto de construción desta vía foi anunciado no ano 2001 polo entón conselleiro de Obras Públicas Xosé Cuíña e dividiuse en once fases correspondentes con outros tantos treitos, fixándose a súa data de finalización para o ano 2007. Desde o seu inicio o proxecto foi sumando atrasos motivados por problemas orzamentarios nunha contorna de crise e por desacordos dalgúns gobernos municipais co trazado proposto pola Xunta[3] e non sería ata xaneiro de 2009 cando se iniciaron as obras do primeiro dos treitos, correspondente á variante de Ortigueira.[4] En maio de 2010[5] púxose en marcha o segundo treito que une Celeiro con Beltrán, cuxas obras permaneceron paralizadas durante máis de dous anos ata que se retomaron en setembro de 2014, con conclusión prevista para o mes de decembro de 2016.[6]
O primeiro treito, a variante de Ortigueira, foi inaugurado por Alberto Núñez Feijóo o 2 de xullo de 2013,[7][8][9] ten unha lonxitude de 8,4 quilómetros e contou cun investimento aproximado de 48 millóns de euros e o segundo treito é o que une Celeiro e San Cibrao, foi inaugurado o 10 de xaneiro de 2017.[10][11][12][13]
En 2018,[14] anunciara a licitación da redacción de proxecto da construción da ponte de Viveiro, pero paralizou esta licitación polas alegacións dos veciños afectados da zona e o proxecto deixara bloqueado ou caducado ata que en 2023,[15] anunciara de que necesita o consenso dos municipios afectados ao proxecto da nova ponte de Viveiro. O proxecto da nova ponte consta uns 1,8 quilómetros atravesado ao norte de Viveiro sobre a ría de Viveiro. Na actualidade non avanzou aínda este proxecto.
Treitos
[editar | editar a fonte]Denominación | Treito | Kms | Ano servizo / Estado (2024) |
---|---|---|---|
CG-2.3 | LU-862 Beltrán - Celeiro | 7,9 | 2017[10][11][12][13] |
Variante de Viveiro Tramo: Celeiro - Covas |
17,0 |
Proxecto caducado[16][14] (pendiente nuevo proyecto)[15] | |
Covas - O Porto do Barqueiro | 10,1 | Estudo informativo[14] | |
O Porto do Barqueiro - AC-862 Espasante | 11,0 | Estudo informativo[14] | |
CG-1.3 | Variante de Ortigueira Tramo: AC-862 Espasante - AC-101 Ferreiroas |
7,7 |
2013[7][8][9] |
Ferreiroas - AC-566 O Campo do Hospital | 8,0 | Estudo informativo[14][17] | |
AC-566 O Campo do Hospital - A Sanguiñeira | 11,6 | En redacción de proxecto (pendente someter a información pública)[18] (pendente licitación de obras) | |
A Sanguiñeira - AG-64 San Sadurniño | 7,5 | Proxecto terminado (sometida a información pública)[19] (pendente licitación de obras) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "A alcaldesa de Viveiro acusa a Xunta de "impor" o trazado do corredor". Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Touriño y Caride presiden el inicio de las obras del corredor de la costa norte". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2009.
- ↑ "O conselleiro de Medio Ambiente informa o alcalde de Xove que o seu departamento analizará melloras no trazado no treito Celeiro-San Cibrao da VAP do norte para diminuír as afeccións". Consultado o 13 de maio de 2010.
- ↑ "La Xunta anuncia el corredor San Cibrao-Viveiro para la primavera del 2016". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2014.
- ↑ 7,0 7,1 "Feijóo anuncia que, "grazas a unha política económica responsable", este ano poñeranse en servizo en Galicia 50 novos quilómetros de Vías de Alta Capacidade". Consultado o 2 de xullo de 2013.
- ↑ 8,0 8,1 "La variante de Ortigueira liberará a la villa del tráfico de camiones". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de xullo de 2013.
- ↑ 9,0 9,1 "La variante liberará la villa de Ortigueira del tráfico pesado". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de xullo de 2013.
- ↑ 10,0 10,1 "Feijóo refírese á VAP Celeiro-San Cibrao como fundamental para a vertebración e competitividade da Mariña e asume o compromiso de presentar un novo trazado para a variante de Viveiro". Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ 11,0 11,1 "Abre el segundo tramo del corredor del norte, del que aún faltan 95 kilómetros". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2017.
- ↑ 12,0 12,1 "Salgueiro pidió la variante de Viveiro y Feijoo prometió un trazado distinto". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2017.
- ↑ 13,0 13,1 "Viveiro-Foz: cinco minutos menos por el corredor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2017.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 "A Xunta licita a redacción do estudo de impacto ambiental da nova ponte sobre a ría de Viveiro e o proxecto de construción da actualización da VAP de Costa Norte". Consultado o 8 de marzo de 2018.
- ↑ 15,0 15,1 "La Xunta reitera que el corredor de la costa sigue atascado por la variante de Viveiro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2023.
- ↑ "Feijóo reivindica a creación dun novo treito de idade a partir dos 85 anos para que a futura reforma do financiamento autonómico dea resposta ao sobreenvellecemento". Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ "Ethel Vázquez destaca o final da 1ª fase de mellora da AC-862, que continuará agora ata A Ponte de Mera e supoñerá un antes e un despois na mobilidade entre San Sadurniño e Ortigueira tras 15 M€ de investimento". Consultado o 6 de febreiro de 2023.
- ↑ "Ethel Vázquez anuncia que a Xunta someterá a información pública a comezos de 2021 o novo treito da VAP da Costa Norte mentres avanza na mellora das comunicacións da comarca". Consultado o 4 de decembro de 2020.
- ↑ "A Xunta somete a información pública un novo treito da vía de altas prestacións da Costa Norte, entre San Sadurniño e Sanguiñeira". Consultado o 19 de maio de 2021.