Saltar ao contido

AC-862

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-862
Mapa
Estrada AC-862
Ponte da estrada AC-862 sobre o río Xuvia en Xuvia (Neda)
ID antigo (Liñares-Ferrol)
(O Barquero-Liñares)
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude67,93 km
Formato1 carril por sentido
Localización
InicioFerrol (leste)
Fin LU-862  O Porto do Barqueiro

A AC-862[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Ferrol e O Porto do Barqueiro (Mañón); atravesa os concellos de Ferrol, Narón, Neda, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cedeira, Ortigueira e Mañón. Ten unha lonxitude de 67,93 quilómetros e iníciase no leste de Ferrol e finaliza nun cruzamento coa LU-862 no Porto do Barqueiro (Mañón).

Percorrido

[editar | editar a fonte]

No seu trazado, atravesa o núcleo urbano de Narón, o barrio de Xuvia, e os núcleos urbanos de San Sadurniño e Ortigueira, entre outros lugares. Tras superar a entrada da vila do Barqueiro, unha ponte cruza o río Sor, logo do cal comeza a provincia de Lugo, onde a estrada cambia de nomenclatura, pasando a denominarse LU-862. Xa con esta denominación, conecta con Viveiro e termina o seu percorrido nos arredores de San Cibrao, no cruzamento coa estrada N-642.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.