AC-526
AC-526 Acceso ao Porto de Lorbé (Vía Ártabra) | |
---|---|
Identificador | ![]() |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | ![]() |
Dimensións | |
Lonxitude | 1,2 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | VG-1.3 Veigue |
Fin | ![]() |
A AC-526[1][2] (na provincia da Coruña), coñecida como o Acceso ao Porto de Lorbé da Vía Ártabra, é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Veigue (Sada) e o Porto de Lorbé (Oleiros); atravesa os concellos de Sada e Oleiros. Ten unha lonxitude de 1,2 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa VG-1.3 en Veigue (Sada) e finaliza no porto de Lorbé (Oleiros). Consta dunha sección de dous carrís de 3,5 metros de largo e beiravías de 1,5 m. A obra foi executada grazas a un convenio asinado en 2008[3] por Portos de Galicia e as Consellarías de Mar e Infraestruturas e tivo un investimento de 1.689.881,11 euros.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras obras da Vía Ártabra iniciouse coa primeira fase dos 2 treitos, en xaneiro de 2009.[4] Un dos 2 primeiros treitos iniciaron entre a estrada N-6 e Meirás (Sada) e o seguinte treito de Meirás (Sada) ata o porto de Lorbé. Ao cambiar o goberno da Xunta de Galicia, modificaron o proxecto e dividiron en 3 treitos, deixando o último treito entre Veigue (Sada) e o porto de Lorbé. En setembro de 2012,[5] paralizaron as obras para facer unha modificación do traxecto e non ata finais de xuño de 2016,[6] renovaron as obras e finalmente puxo en servizo o 3 de abril de 2017.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "Política Territorial construirá un nuevo acceso al puerto de Lorbé como remate a la vía Ártabra". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2008.
- ↑ "Touriño promete que el primer tramo de la vía Ártabra se acabará en 2 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2009.
- ↑ "La Xunta paraliza el tramo de la vía ártabra a Lorbé para cambiar el trazado". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2012.
- ↑ "Las obras de la vía Ártabra se reanudan en el acceso a Lorbé". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2016.
- ↑ "A Xunta abre este luns ao tráfico a nova estrada de acceso ao Porto de Lorbé". Consultado o 1 de abril de 2017.