AC-432
AC-432 | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Complementaria |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 18,22 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | AC-552 Vimianzo |
Fin | Camariñas |
A AC-432[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Vimianzo e Camariñas; atravesa os concellos de Vimianzo e Camariñas. Ten unha lonxitude de 18,22 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-552 en Vimianzo e finaliza en Camariñas.
Percorrido
[editar | editar a fonte]A estrada comeza o seu percorrido na travesía urbana da AC-552 ao seu paso polo núcleo de Vimianzo, durante este primeiro treito figura no nomenclátor municipal como "Rúa Trasariz". Logo continúa pola parroquia de Calo e cruza o río Grande, tralo cal atravesa a parroquia de Carantoña. Entra no termo de Camariñas pola parroquia da Ponte do Porto primeiro e a continuación pola de Xaviña para rematar, por fin, na capital municipal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.