A Casa Grande, Buciños, Carballedo
A Casa Grande | |
---|---|
Parroquia | Buciños |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°32′18″N 7°51′58″O / 42.53845, -7.866192 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Casa Grande é un lugar da parroquia de Buciños, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. No INE en 2016 non aparece a poboación, si no SIXPAC e no Nomenclátor de Galicia. Está moi preto de Loureiro.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo diríase case igual en latín, Casa Grandis, co mesmo significado[1].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Como o seu nome indica é unha das casas boas da contorna. Desta casa é orixinario Don José Antonio Ribadeneira, auditor da Santa Rota Romana e bispo de Valladolid ata a súa morte en 1856. El foi quen trouxo para Buciños as reliquias do San Pexerto en 1823, unha riqueza para esta parroquia. A casa foi saqueada e tomada como cuartel xeral no tempo da Francesada[2].
Diante da entrada da casa atópase unha das árbores senlleiras de Galicia, un carballo coñecido como o avó de Europa[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "A Casa Grande de Buciños". rsacra.es. Arquivado dende o orixinal o 18/10/2017. Consultado o 18/10/2017.
- ↑ "Carballo da Casa Grande de Loureiro". arboresdegalicia.blogspot.com.es. Consultado o 18/10/17.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Buciños
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Buciños no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Alén do Río | A Barreira | O Barrio | Buciños | A Casa Grande | O Coedo | A Corna | A Corveira de Baixo | A Eirexiña | Loureiro de Baixo | Loureiro de Riba | O Outeiro de Buciños | O Porto | San Trocado | Surrego | A Torre | Trasar de Sabugueiro | Trasmontes |