Trasar de Sabugueiro, Buciños, Carballedo
Trasar de Sabugueiro | |
---|---|
Casa do lugar | |
Parroquia | Buciños |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°32′59″N 7°50′54″O / 42.54963889, -7.84838889 |
Poboación | 30 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trasar de Sabugueiro é un lugar da parroquia de Buciños que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 30 habitantes (14 mulleres e 16 homes).
Toponimia
[editar | editar a fonte]Segundo Ferro Ruibal, Trasar deriva do antropónimo Trssarius, o nome do primeiro propietario dunha explotación agropecuaria, que se chamaba Trasario. No século XII o lugar xa aparece documentado con este nome, e hai noticia dun Petrus Iohannis de Trasar do século XIII.[1]. Sabugueiro é un fitónimo que fai referencia á planta abundante na zona, que ten a súa orixe no latín sambucus[2].
Alcumes populares en Buciños
[editar | editar a fonte]Fidalguía en Lendorrío;Letrados, os de Trasar;
Touciñeiros, en Loureiro de Arriba;
Mantequeiros, en Loureiro de Abaixo;
Paxareiros, os do Coedo;
Manteleiros, en Surrego;
Noveleiros, en Trasmonte;
Galiñas chocas, no Barrio;
Esparabanos, na Torre;
Borristas, os de San Trocado;
E Fantesía, na Eirexiña;
E calcapelicos, os de Vidueiros[3]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Buciños
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Buciños no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Alén do Río | A Barreira | O Barrio | Buciños | A Casa Grande | O Coedo | A Corna | A Corveira de Baixo | A Eirexiña | Loureiro de Baixo | Loureiro de Riba | O Outeiro de Buciños | O Porto | San Trocado | Surrego | A Torre | Trasar de Sabugueiro | Trasmontes |
Parroquias de Carballedo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Orixe do nome Trasar" (PDF). www.osparentes.eu. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24-08-2017. Consultado o 04-05-2017.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 124. ISBN 84-7041-041-5.