Loureiro de Baixo, Buciños, Carballedo
Loureiro de Baixo | |
---|---|
Parroquia | Buciños |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°32′13″N 7°51′59″O / 42.53694444, -7.86636111 |
Poboación | 15 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Loureiro de Baixo é un lugar da parroquia de Buciños que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 17 habitantes (7 mulleres e 8 homes).
Topónimo
[editar | editar a fonte]Loureiro de Baixo é un fitónimo que deriva do nome en latín laurus e da situación xeográfica bassus, baixo. Loureiro foi parroquia ata 1890 en que foi agregada a Buciños.[1].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A Casa Grande de Buciños data do século XVIII e pertencía á familia dos Ribadeneira, o bispo de Valladolid, Don José Antonio Ribadeneira, naceu nesta casa. Posúe un escudo na porta de entrada, unha gran cheminea, un campanario situado entre dúas chemineas e unha capela cun escudo de armas no lintel da porta. Na entrada da casa atópase un gran carballo, que se considera o avó de Europa.[2]
Alcumes populares en Buciños
[editar | editar a fonte]Fidalguía en Lendorrío;Letrados, os de Trasar;
Touciñeiros, en Loureiro de Arriba;
Mantequeiros, en Loureiro de Abaixo;
Paxareiros, os do Coedo;
Manteleiros, en Surrego;
Noveleiros, en Trasmonte;
Galiñas chocas, no Barrio;
Esparabanos, na Torre;
Borristas, os de San Trocado;
E Fantesía, na Eirexiña;
E calcapelicos, os de Vidueiros[3]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Buciños
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Buciños no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Alén do Río | A Barreira | O Barrio | Buciños | A Casa Grande | O Coedo | A Corna | A Corveira de Baixo | A Eirexiña | Loureiro de Baixo | Loureiro de Riba | O Outeiro de Buciños | O Porto | San Trocado | Surrego | A Torre | Trasar de Sabugueiro | Trasmontes |
Parroquias de Carballedo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "Arquitectura civil". Concello de Carballedo. Consultado o 20/09/2017.
- ↑ Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 124. ISBN 84-7041-041-5.