Alejandro Sesmero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1843 Xixón, España |
Morte | 22 de outubro de 1913 (69/70 anos) Córdoba, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Domingo Rodríguez Sesmero |
Alejandro Rodríguez-Sesmero González (nalgunhas ocasións asinaba como Alejandro Sesmero)[1], nado en Xixón en 1843 e finado en Córdoba (Arxentina) o 22 de outubro de 1913, foi un arquitecto que traballou en Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Domingo Esteban Rodríguez Sesmero, arquitecto nado en Medina del Campo. Estudou Arquitectura en Valladolid, acadando o título de Mestre de Obras. Colaborou co seu pai entre 1866 e 1869 como delineante da Deputación Provincial. Nese ano o seu pai trasladouse a Vigo, nomeado arquitecto municipal nesa cidade. Alejandro Sesmero foi interino nese posto entre maio de 1875 e xullo de 1876, momento en que pasou a ser arquitecto municipal interino de Pontevedra, pola renuncia de Justino Flórez Llamas.
Nesta cidade proxectou a expansión urbana cara ao exterior, logo de ser derrubada a muralla medieval. Deseñou a Casa Consistorial de Pontevedra, a avenida de Santa María, o palacete das Mendoza, a Alameda e o parque das Palmeiras, o cemiterio de Santo Amaro, os depósitos da traída de augas en San Amaro e as fontes no casco urbano, o Pazo da Deputación (xunto co seu pai), un colexio que hoxe é o edificio da Subdelegación de Defensa na provincia de Pontevedra, o antigo Mercado Municipal de 1886 e reformou a capela da Virxe do Camiño. En 1880 foille concedida a Cruz da Real Orde de Carlos III. En 1887 parte da corporación local propuxo a súa designación como arquitecto municipal, mais a idea non saíu adiante porque non tiña o título oficial de arquitecto.
Dimitiu do posto e solicitou a legalización do título ante a Dirección Xeral de Instrución Pública. Unha vez conseguido, abandonou a súa muller, Pilar Rubio Romea, e os seus fillos (Adelaida, Ricardo, Enrique, María del Pilar, Alfonso e Margarita) e en xaneiro de 1889 marchou a Arxentina, sendo nomeado profesor de Arquitectura e Debuxo Arquitectónico na Facultade de Ciencias Físico-Matemáticas da Universidade Nacional de Córdoba. Alí compaxinou a docencia co deseño de edificios públicos, e foi membro de tribunais de oposicións.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Palacete das Mendoza, 1878, sede de Turismo Rías Baixas, Pontevedra.
-
Casa Odriozola (Axencia Comunitaria de Control da Pesca), 1875, Vigo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Garrido, Xaime. "RODRÍGUEZ-SESMERO, Domingo e Alejandro". Gran Enciclopedia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejandro Sesmero |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Filgueira, M. (2005). "Clasicismo, Neomedievalismo y Eclecticismo en la obra de Domingo Rodríguez Sesmero como arquitecto diocesano de Tui y Santiago de Compostela (1882-1897)" Cuadernos de Estudios Gallegos (CSIC), nº 118.
- García Filgueira, M. (2006). Eclecticismo y arquitectura en la Galicia del siglo XIX. La obra de Domingo Rodríguez Sesmero y Alejandro Rodríguez-Sesmero González. Tese de doutoramento.
- García Filgueira, M. (2006). "Arquitectura y urbanismo en Galicia. Alejandro Sesmero, arquitecto municipal de Vigo"Arquivado 28 de outubro de 2020 en Wayback Machine., pp. 115-136, Minius, Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo, nº XIV.
- García Filgueira, M. (2007). "La Alameda de Vigo en el siglo XIX"Arquivado 28 de outubro de 2020 en Wayback Machine., pp. 97-116, Minius, Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo, nº XV.
- García Filgueira, M. (2011). "La arquitectura teatral de los Sesmero en Vigo: El Rosalía de Castro y el Tamberlick", en Boletín do Instituto de Estudios Vigueses, Ano XVI, nº 16.
- García Filgueira, M. (2014). Eclecticismo, arquitectura y ciudad. La obra de los Sesmero en Vigo, Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 978-84-89599-55-0 .
- Portela Sandoval, F.J.: "Alejandro Rodríguez-Sesmero, un arquitecto ecléctico de finales del siglo XIX: de Galicia a la República Argentina", Madrygal, 2008 (en castelán)
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Abal, Cesar. «Don Alejandro Sesmero. 1913, su centenario» 1/12/12.