Carlos Pérez Rial
Biografía | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1979 (45 anos) Cangas, España | |||||||||||||||
Altura | 182 cm | |||||||||||||||
Peso | 84 kg | |||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||
Ocupación | caiaquista, policía | |||||||||||||||
Deporte | piragüismo | |||||||||||||||
Disciplina deportiva | canoa | |||||||||||||||
Membro do equipo deportivo | Club de Piragüismo Aldán | |||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||
2008 | Canoagem nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - K-2 500 m masculino (pt) (medalla de ouro olímpica) | |||||||||||||||
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 | |||||||||||||||
Premios | ||||||||||||||||
|
Carlos Pérez Rial tamén coñecido como Perucho, nado o 12 de abril de 1979 en Aldán, Cangas,[1] é un deportista e policía galego, que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas. A súa especialidade é o caiac sobre as distancias de 200 e 500 metros.
Foi campión olímpico en Pekín 2008, catro veces campión do mundo de piragüismo en augas tranquilas e dúas veces campión de Europa. Suma en total oito medallas no Campionato Mundial e sete no Campionato Europeo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Iniciouse no piragüismo sendo neno, nunha familia de piragüistas.[2] De seu irmán Jesús Pérez Rial, tamén piragüista, herdou o alcume de "Perucho".[3][4] Aos 14 anos entrou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde comezou a se preparar con Carlos Brage, que sería o seu adestrador durante dez anos.[2]
Foi internacional por primeira vez en 1999, no europeo de Zagreb, onde participou en tres clases, sendo o seu mellor posto un quinto lugar logrado no K2 200m, formando parella con Rodrigo Tiebo.[5] Tamén competiu no Campionato Mundial celebrado en Milán, en K4, quedando en sétima posición.[6] Ao ano seguinte quedou noveno no europeo de Poznan en K2 500.[7] En 2001 quedou cerca de lograr ás súas primeiras medallas no Europeo, en Milán, quedando en quinta e cuarta posición no K2 200 e K2 500 respectivamente, en ambas distancias con Emilio Merchán como compañeiro de kaiak.[8] No Mundial dese ano, en Poznan quedaron sétimos no K2 200m.[9] No 2002, a súa mellor clasificación foi un quinto lugar no Europeo de Szeged na categoría K2 200m.
Primeiras medallas internacionais e Atenas 2004
[editar | editar a fonte]O seu primeiro título de importancia foi a medalla de prata obtida en 2003 na distancia olímpica de K1 500 m nos Mundiais de Gainesville, nos Estados Unidos (1"37'961).[10] O ano seguinte logrou a súa primeira medalla no Campionato de Europa, un bronce, tamén en K1 500 m.[11] Ese ano participou tamén nos seus primeiros Xogos Olímpicos, Atenas 2004, onde quedou sorprendentemente fóra da final ao quedar sexto na súa serie das semifinais.[12]
Campión europeo e mundial
[editar | editar a fonte]En 2005 proclamouse campión do mundo na distancia non olímpica de K1 200 m, nos Mundiais de Zagreb, cun tempo de 35"289;[13] así como campión de Europa da mesma clase, nos campionatos celebrados en Poznań, cun tempo de 36"098.[14] Ao ano seguinte entrou na Academia de Policía de Ávila[2] e non puido revalidar ningún deses dous títulos, perdendo nas dúas ocasións diante do alemán Ronald Rauhe e obtendo a prata do mundo en Szeged cun tempo de 35"396[15] e a de Europa en Račice con 34"644.[16]
En 2007 quedou quinto na distancia olímpica dos K1 500 m do Europeo celebrado en Pontevedra,[17] e participou na mesma categoría nos Mundiais de Duisburgo, clasificatorios para os Xogos de Beixín. Pasou a semifinais, mais nesta proba non se puido clasificar máis que para a final B, e moi axustadamente, ao pasar co peor dos tempos (1'45"923). Na final B foi sétimo (16º en xeral), cun crono de 1' 38,975".[18] Tamén nese ano aprobou as oposicións para entrar na Policía Nacional.[19]
Campión olímpico
[editar | editar a fonte]En 2008, por discrepancias coa directiva, el mais seu irmán Jesús deixaron o Club de Mar Ría de Aldán e ficharon polo Náutico O Muíño de Ribadumia.[20][21] Nos Xogos Olímpicos de Beijing 2008 obtivo o ouro na categoría de K2-500m xunto a Saúl Craviotto Rivero,[22] cun tempo na final de 1'28''736.[23] Converteuse así no sexto galego en gañar un ouro olímpico.[24] Tamén ese ano foron subcampións de Europa en Milán en K2 500.[25]
Ao ano seguinte proclamouse campión de Europa por segunda vez, desta volta no K2 200 m, ao lograr o ouro con Saúl Craviotto en Brandeburgo.[26] Ademais, tamén xunto a Craviotto, quedou cuarto no K2 500 m.[27] Nas mesmas dúas clases competiu no Mundial dese ano, celebrado no Canadá, logrando o subcampionato nos 200 metros[28] e un cuarto posto nos 500.[29] Nese mesmo campionato coroouse tamén por primeira vez como campión do mundo da clase K1 4x200m, formando equipo con Saúl Craviotto, Francisco Llera e Ekaitz Saies.[30]
Década de 2010
[editar | editar a fonte]En 2010 volveu a Aldán, ingresando no recentemente creado Club Piragüismo Aldán, presidido polo seu irmán Jesús Pérez Rial.[31] No Europeo de 2010, na localidade asturiana de Trasona, en Corvera, colgouse outras dúas medallas de prata no K2, nas distancias de 200 e 500 metros.[32] No Mundial en Poznan repetiu prata en 200 metros e proclamouse campión do mundo outra vez no K1 4x200 m.[33]
No 2011 non logrou subir ao podio europeo nin mundial en K2, pero proclamouse por terceira vez campión do mundo no K1 4x200 m en Szeged.[34]
En 2012, no preolímpico celebrado en Polonia, non puido conseguir o billete para os Xogos Olímpicos de 2012, despois de que unhas ondas lle arruinasen a carreira de K2 200 m que ía liderando xunto a Craviotto.[35] En 2013 participou no Mundial de Duisburgo cunha nova parella no K2, Diego Cosgaya, non logrando meterse na final nos 1000 metros e quedando novenos nos 500. No K1 4x100, o equipo formado por Perucho, Craviotto, Carlos Arévalo e Carlos Garrote finalizou en quinta posición.[36]
Nos seguintes anos adicou cada vez máis tempo ao surfski ou kaiak de mar,[37] gañando a liga galega e o campionato galego[38], así como A Lanzada Ocean Race de 2016,[39] e participando en 2018 no Campionato de Europa celebrado en Villajoyosa, quedando en 26ª posición.[40]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2004 recibiu a medalla de bronce da Real Orde do Mérito Deportivo, xunto a David Cal e Teresa Portela entre outros.[41] En 2010 púxoselle o seu nome ao paseo marítimo de Aldán, agora chamado "Paseo Carlos Pérez".[42][43] Así mesmo, o concello de Ribadumia, onde pasou dous anos no club Náutico O Muíño, nomeouno "Fillo Adoptivo".[44]
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Xogos Olímpicos | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Evento |
2008 | Pequín ( China) | Ouro | K2 500m |
Campionato Mundial | |||
Ano | Lugar | Medalla | Evento |
2003 | Gainesville ( Estados Unidos) | Prata | K1 500m |
2005 | Zagreb ( Croacia) | Ouro | K1 200m |
2006 | Szeged ( Hungría) | Prata | K1 200m |
2009 | Dartmouth ( Canadá) | Prata | K2 200m |
2009 | Dartmouth ( Canadá) | Ouro | K1 4x200m |
2010 | Poznan ( Polonia) | Prata | K2 200m |
2010 | Poznan ( Polonia) | Ouro | K1 4x200m |
2011 | Szeged ( Hungría) | Ouro | K1 4x200m |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Evento |
2004 | Poznan ( Polonia) | Bronce | K1 500m |
2005 | Poznan ( Polonia) | Ouro | K1 200m |
2006 | Račice República Checa | Prata | K1 200m |
2008 | Milán ( Italia) | Prata | K2 500m |
2009 | Brandeburgo ( Alemaña) | Ouro | K2 200m |
2010 | Trasona ( España) | Prata | K2 200m |
2010 | Trasona ( España) | Prata | K2 500m |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La cuna de las palas doradas". Marca (en castelán). 5 de maio de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Craviotto y Perucho, campeones en el último aliento" (en castelán). 19 de maio de 2016. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Carlos Pérez, “Perucho”: “Soy un luchador y siempre quiero dar lo mejor de mí”" (en castelán). 1 de febreiro de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Entrevista a Carlos Pérez Rial, medalla de oro en K2-500" (en castelán). 25 de outubro de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Zagreb 1999". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Milán 1999". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Poznan 2000". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Milán 2001". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Poznan 2001". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Gainesville 2003" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Poznan 2004". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Atenas 2004" (PDF). CanoeICF (en 15 de novembro de 2019). Consultado o CanoeResults.
- ↑ "Resultados Zagreb 2005" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Poznan 2005". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Szeged 2006" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Raĉize 2006". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Pontevedra 2007". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Duisburgo 2007" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Entrevista a Carlos Pérez (Perucho)" (en castelán). 23 de agosto de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Saúl Craviotto y Carlos Pérez Rial". El Mundo (en castelán). 11 de setembro de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Perucho confía en agradecer el apoyo de Ribadumia con un podio en Pekín". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xuño de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "'Perucho', medalla de oro en K2-500". El Progreso (en castelán). 23 de agosto de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Pequín 2008" (PDF). CanoeICF. p. 42. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Lista de medallistas olímpicos galegos". Wikipedia. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Milán 2008" (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Portela y Perucho regalan dos oros a España en Brandenburgo". El Correo Gallego (en castelán). 27 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2019. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Perucho y Portela, a las puertas del podio". Faro de Vigo (en castelán). 28 de xuño de 2009. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados do K2 200m en Dartmourh 2009". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2009. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados da final de K2 200 metros en Dartmouth 2009". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2009. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "España cierra el Mundial de piragüismo con un oro y una plata más". El Mundo (en castelán). 17 de agosto de 2009. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "El club de los retornados". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de febreiro de 2010. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Trasona 2010". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Trasona 2010" (PDF). CanoeICF. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Szeged 2011" (PDF). CanoeICF. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Perucho y Bouza, fuera de Londres". Faro de Vigo (en castelán). 18 de maio de 2012. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Duisburgo 2013" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Perucho disfruta del mar abierto". La Voz de Galicia. 13 de decembro de 2016. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Perucho se lanza al mar" (en castelán). 11 de maio de 2017. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "El medallista olímpico Perucho logra la victoria en A Lanzada Ocean Race". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de decembro de 2016. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados ivllajoyosa 2018" (PDF). Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Cuatro gallegos entre los deportistas distinguidos". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de setembro de 2004. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Homenaje a Carlos Pérez, que tendrá un paseo en Aldán con su nombre". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de abril de 2010. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "El "oro" olímpico Carlos Pérez ya da nombre al paseo de Aldán donde celebra sus éxitos". Faro de Vigo (en castelán). 18 de abril de 2010. Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Ribadumia paga su deuda con Carlos Pérez "Perucho", el primer oro olímpico de su historia". Faro de Vigo (en castelán). 9 de setembro de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Carlos Pérez Rial en CanoeResults.eu (en inglés).
- Nados en 1979
- Nados en Cangas
- Piragüistas olímpicos de Galicia
- Medallistas olímpicos de Galicia
- Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo
- Medallistas olímpicos en piragüismo
- Medallistas olímpicos de ouro por España
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2008