Saltar ao contido

Causa Galiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Causa Galiza
Organización pola independencia de Galicia
Historia
Fundación2012
Disolución2023
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo galego
Socialismo
Outros datos
SedeSantiago de Compostela
Na rede
www.causagaliza.org
Facebook: causa.galiza Twitter: causagaliza Youtube: UC9xFbA_KBMKNlO0AlDWJ4Gg Editar o valor en Wikidata

Causa Galiza foi unha organización política galega de carácter independentista e socialista. Fundouse no ano 2012 e en 2014 reconverteuse en partido político. Disolveuse en 2023.

O 31 de outubro de 2015, 9 integrantes de Causa Galiza foron arrestados baixo a acusación de seren membros de Resistência Galega, unha organización cualificada coma terrorista, e sinalados por "glorificaren o terrorismo".[1] Así, en 2016 a Audiencia Nacional suspendeu a organización durante un ano por apoiaren "actividades terroristas".[2]

Causa Galiza relegalizouse en 2016[3], aínda que o proceso xudicial continúa aberto. Ante esta situación, os militantes desta organización e doutros grupos independentistas que se atopan nunhas circunstancias semellantes (caso de Ceivar), comezaron a campaña "Independentismo Galego em Pé", co obxectivo de recoller apoios ante a súa posíbel ilegalización definitiva, que a fiscalía segue a reclamar[4][5][6]. Esta campaña conseguiu o apoio de múltiples organizacións galegas, incluíndo ao Bloque Nacionalista Galego (BNG), Anova-Irmandade Nacionalista ou a Confederación Intersindical Galega (CIG)[7].

Causa Galiza non concorreu coas súas propias siglas en ningún proceso electoral, aínda que si fixo recomendacións de voto en varias ocasións. En particular, nas eleccións xerais de novembro de 2019 e nas eleccións galegas de 2020 o partido deu o seu apoio ao BNG[8].

O 18 de abril de 2023 anuciou a súa disolución por "debilitamento orgánico" e a constitución dun foro de debate.[9]

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

De acordo cos principios básicos da propia organización, o principal obxectivo de Causa Galiza é lograr un estado galego plenamente independente que permita que o país transite cara a un novo modelo socioeconómico. No plano lingüístico o partido apoia as teses reintegracionistas.[10][11]

  1. "Comparecen na Audencia Nacional os detidos de Resistencia galega.". CRTVG. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2016. Consultado o 7 de maio de 2016. 
  2. "La Audiencia Nacional suspende por un año a Causa Galiza por apoyar la actividad terrorista en Galicia.". La Voz de Galicia. 12 de febreiro de 2016. Consultado o 7 de maio de 2016. 
  3. "A Audiencia Nacional devolve á legalidade a Causa Galiza". Praza. 27 de decembro de 2016. Consultado o 2020-07-20. 
  4. "Fiscalía pide disolver Causa Galiza y Ceivar y de 4 a 12 años de cárcel para doce miembros por enaltecer el terrorismo". Europa Press. 2019-11-11. Consultado o 2020-07-20. 
  5. "Causa Galiza inicia campaña de solidaridad". LoQueSomos (en castelán). 2020-06-03. Consultado o 2020-07-20. 
  6. "Independentismo galego em pé". Galiza Livre. Consultado o 2020-07-20. 
  7. "Protesta apoyada por Anova y BNG contra la ilegalización de Causa Galiza". El País (en castelán). 2016-01-24. ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-07-20. 
  8. "Causa Galiza pide o voto polo BNG". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-07-20. 
  9. "Causa Galiza anuncia a súa disolución". Nós Diario. 2023-04-18. Consultado o 2023-04-19. 
  10. Galiza, Causa. "Causa Galiza | inicio". causagaliza.org. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2020. Consultado o 2020-07-20. 
  11. "Causa Galiza perante a situaçom de emergência da nossa língua.". Issuu (en inglés). Consultado o 2020-07-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]