Demetrio e Polibio
Demetrio e Polibio | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Vincenzina Viganò Mombelli |
Estrea | 18 de maio de 1812 |
Teatro da estrea | Teatro Valle |
Lugar da estrea | Roma |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Perdida |
Personaxes | |
Demetrio e Polibio é a primeira ópera lírica de Gioachino Rossini. Trátase dunha ópera seria en dous actos con música do compositor italiano sobre un libreto en italiano de Vincenzina Viganò Mombelli. Foi estreada no Teatro Valle de Roma o 18 de maio de 1812.
Historia
[editar | editar a fonte]Esta foi a primeira ópera realizada por Rossini (aínda que non foi a primeira en ser representada), quen a compuxo en 1806, cando tan só contaba con 17 anos de idade, incentivado polo seu amigo Domenico Mombelli, aínda que a súa estrea non tivo lugar ata o 18 de maio de 1812, cando se puxo en escena no Teatro Valle de Roma.[1] Foi escrita para os Mombelli, unha familia de cantantes, sendo completada por Rossini en 1806, durante o seu período de estudo na Accademia Filarmonica di Bologna.[2] Esta ópera foi moi apreciada por Stendhal, que puido vela en Como. Pronto foi esquecida á sombra das outras óperas máis famosas posteriores, tendo moi pouco percorrido. Foi representada no Rossini Opera Festival unicamente en 2010, cun elenco de novos intérpretes.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase cunha soa representación no período 2005-2010.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 18 de maio de 1812[4] (Director: - ) |
---|---|---|
Polibio, rei de Partos | bass | Lodovico Olivieri |
Lisinga, filla de Polibio | soprano | Maria Ester Mombelli |
Demetrio/Silveno, amante de Lisinga, fillo de Demetrio rei de Siria mais confusamente fillo de Minteo, un antigo ministro rexio | contralto | Marianna "Anna" Mombelli |
Demetrio, rei de Siria e pai de Demetrio, baixo o nome de Eumene | tenor | Domenico Mombelli |
Coro masculino. |
Argumento
[editar | editar a fonte]- Data: século II a.C.
- Lugar: na capital de Partos
Acto I
[editar | editar a fonte]Polibio, o rei de Partos, é o protector da súa filla Lisinga e o seu amante Siveno. Todo o mundo pensa que Siveno é fillo de Minteo, un ministro do rei de Siria Demetrio, mais realmente é o máis distanciado fillo de Demetrio. Demetrio, sostendo que Minteo é o responsable da desaparición do seu fillo, chega á corte de Partos baixo o nome de Eumeno, un mensaxeiro real, e demanda a volta de Siveno a Siria, o que Polibio rexeita. Siveno e Lisinga celebran o seu matrimonio. Polibio confésalle a Siveno que está preocupado polo ocorrido, mais Siveno tranquilízao. Mentres tanto, Eumene (Demetrio) trama como secuestrar a Siveno e levalo de volta a Siria. Eumene suborna aos criados e aos gardas e pola noite entra na corte de Partos. Porén, cando chega á alcoba da xove parella, atopa a Lisinga soa e secuéstraa no seu lugar. Polibio e Siveno tratan de detelo sen éxito.
Acto II
[editar | editar a fonte]Polybius e Siveno abogan pola liberación de Lisinga. Como resposta, Eumene (Demetrio) ameaza con matala se Siveno non volta con el. Á súa vez, Polibio ameaza con matar a Siveno se Lisinga non é liberada. A situación comeza a resolverse cando Eumene (Demetrio), mirando a un vello medallón decátase de que Siveno é o seu fillo perdido. Mentres tanto, Polibio non quere perder a Lisinga, e Eumene (Polibio) só quere a Siveno. Desesperada ante a súa inminente separación, Lisinga trata de matar a Eumene, mais finalmente revela a súa verdadeira identidade como o rei Demetrio e anuncia que Siveno é o seu fillo. A paz é restaurada e a parella pode vivir feliz para sempre.
Orquestración
[editar | editar a fonte]A partitura de Rossini require o emprego de:
Discografía
[editar | editar a fonte]Ano | Elenco: |
Director, Teatro de ópera e orquestra |
Selo [5] |
---|---|---|---|
1992 | Giorgio Surjan, Christine Weidinger, Sara Mingardo, Dalmacio González |
Massimiliano Carraro, Orquestra Sinfónica de Graz e Coro de Cámara Sluk de Bratislava (Gravado nunha representación no Festival della Valle d'Itria, Martina Franca. 27 de xullo) |
Son CD: Dynamic Cat: CDS 171/1-2 |
1996 | Pietro Spagnoli, Maria Costanza Nocentini, Sonia Ganassi, Aldo Bertolo |
Giuliano Carella, Orquestra descoñecida (Gravado nunha representación en Dordrecht o 8 de setembro) |
Casete: Lyric Distribution Incorporated Cat: ALD 4085 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Osborne, Richard
- ↑ "Rossini, Gioachino", Encyclopædia Britannica
- ↑ "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 08 de xaneiro de 2013.
- ↑ Amadeus Almanac online Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en italiano).
- ↑ Gravacións de Demetrio e Polibio en operadis-opera-discography.org.uk
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |